M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

viernes, 15 de agosto de 2014

FRAGAMOURA XA TEN "COVA"

FRAGAMOURA XA TEN COVA





Todo escumoso que se precie precisa da sua cova, ese entorno idilíco e especial que lle aportará a luz e a Tª necesarios para envellecer con señorío.  Será nesa oscuridade, tranquilidade e a unha Tª que ronde os 12 ªC (de ahi a frase a Tª ambiente) onde tomará a sua escuma, condicionantes desa fraxil burbulla que logo pronto nos levará ese espíritu dun bo e excepcional viño a sangue.




Fragamoura ten xa ese entorno idílico para cos seus escumosos durman prácidamente dando forma a ese carbónico que se xenera na segunda fermentación en botella, porque os escumosos de Fragamoura son elaborados polo método tradicional.



Esta nova adega e na zona da Coroa, na Rua en Valdeorras e coincidindo ca Feira do Viño de Valdeorras 2014 , non vou dicir que puxemos a primeira pedra pero si que ainda sen luz eléctrica, quixemos dar por inaugurada a adega.   Invadidos polo romanticismo o pensar en Chris escumoso, cova, falta de luz e unhas gañas increibles de comenzar esta andaina, ou mellor dito continuala pero xa cun proxecto moito máis consolidado e ambicioso, tiñamos que palpar e atrapar ese espíritu e arrincar o carácter da adega das pedras porque confío neste proxecto e por iso decidín asumir o reto de ser a sua "embaixadora", asesora gastronómica e dalo a coñecer , compartilo e disfrutalo.




Todo bo viño precisa de boa compaña. O lugar xa o temos agora falta xente capaz de disfrutalo e transmitilo , xente que entendera a paixón de catro personaxes disfrutando dunhas botellas de Chris a luz das velas. Son deses grolos que saben a gloria. Cristina Murga, enóloga e alma mater do proxecto, Eloy e Manuel Alonso que son quen de loitar con ela polo mesmo, Jota da revista Cepas e Viños, María e Carlos do periódico O Sil, Magda Pereiro , unha consumidora cautivada pola xuntanza e o viño, unha amiga, non  debemos esquenzer , que si compartímos o viño e máis entre amigos, sabe mellor . Eu tamén estaba claro...





Na copa Chris de Fragamoura, unha ensamblaxe de godello, treixadura e dona branca;portentosa godello al que la crianza con sus lias y segunda fermentación en botella  le han aportado cremosidad, frescura y frutosidad de la dona branca  se potencia con el carbónico y la equilibrada treixadura que ha aportado cierto carácter mimoso al conjunto.




Os petiscos para a ocasión : zamburiñas con salsa de vieira e lousiñas de mantequilla de "Secretos de Galicia", tortilla, lacón trufado, queixo, chourizo,bizcoito con pasas tamén de Secretos de Galicia e bica.


Isto é so o comenzo e pronto Fragamoura nos invitará a sua posta de longo , de momento para o brinde Chris xa temos, non deixes sin probar o xermen do proxecto.

A noite rematou na Rua onde atopamos máis xente do mundo do viño



No hay comentarios:

Publicar un comentario