M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa
Mostrando entradas con la etiqueta Casa MOreiras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Casa MOreiras. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de enero de 2021

Catas en liña dos viños da D.O. Ribeira Sacra para comenzar o 2021





A D.O. Ribeira Sacra comenzaba a campaña promocional de Nadal “Ribeira Sacra,

o viño deste Nadal” con catas virtuais da sumiller, Mercedes González Rodríguez.

As catas que se celebraron os días 10 e 17 de decembro foron transmitidas por

streamig en Zoom, Youtube, Facebook e Instagram. A actividade tivo moi boa acollida

por parte das adegas participantes e por parte do público inscrito na cata, polo que a

D.O. Ribeira Sacra prepara dúas novas catas; unha para o xoves, 11 de febreiro e a

primeira para o xoves 21 de xaneiro.

As catas desenvolveranse a partir das 19.00 horas. A participación é aberta e gratuíta

pero é necesario inscribirse no correo comunicacion@ribeirasacra.org. Unha vez

inscritos obterán a ligazón de Zoom e das redes sociais para poder seguir a cata e

deixar as súas preguntas ou comentarios sobre cada viño.

O xoves 21 ás 19.00 h cataranse (inscricións ata 24 horas antes indicando que viño

dos que se catarán adquiriu o participante para a cata):

- Regina Viarum Godello 2019 de Regina Viarum

- Val da Lenda blanco Sumum 2019 de Víctor Manuel Rodríguez.

- Casa Moreiras Godello 2019 de Casa Moreiras

- Asolagados Mencía 2019 de Pilares de Belesar.

- Rectoral de Amandi Mencía 2019 de Bodegas Rectoral de Amandi

- Finca Cuarta Mencía 2019 de Rubén Moure.

- Finca Míllara Mencía barrica 2017 de Finca Míllara

- Ribera de los Naranjos Tinto Summum barrica 2018 de Finca Míllara

- Adobe Mencía 2019 de Rectoral de Gundivós.

- Algueira Carravel Mencía 2016 de Adega Algueira

- Ruxe Ruxe Mencía 2018 de Tolo do Xisto.


Catas online de los vinos de la D.O. Ribeira Sacra para empezar el 2021

 La D.O. Ribeira Sacra comenzaba la campaña promocional de Navidad “Ribeira Sacra, el

vino de esta Navidad” con catas virtuales de la sumiller, Mercedes González Rodríguez. Las

catas que se celebraron los días 10 y 17 de diciembre fueron transmitidas por streamig en

Zoom, Youtube, Facebook e Instagram. La actividad tuvo muy buena acogida por parte de las

bodegas participantes y por parte del público inscrito en la cata, por lo que la D.O. Ribeira

Sacra prepara dos nuevas catas; una para el jueves, 11 de febrero y la primera para el jueves

21 de enero.

Las catas de desenvolverán a partir de las 19.00 horas. La participación es abierta y gratuita

pero es necesario inscribirse en el correo comunicacion@ribeirasacra.org . Una vez inscritos

obtendrán el enlace de Zoom y de las redes sociales para poder seguir la cata y dejar sus

preguntas o comentarios sobre cada vino.

El jueves 21 a las 19.00 h se catarán (inscripciones hasta 24 horas antes indicando qué vino

de los que se catarán ha adquirido el participante para la cata):


- Regina Viarum Godello 2019 de Regina Viarum

- Val da Lenda blanco Sumum 2019 de Víctor Manuel Rodríguez.

- Casa Moreiras Godello 2019 de Casa Moreiras

- Asolagados Mencía 2019 de Pilares de Belesar.

- Rectoral de Amandi Mencía 2019 de Bodegas Rectoral de Amandi

- Finca Cuarta Mencía 2019 de Rubén Moure.

- Finca Míllara Mencía barrica 2017 de Finca Míllara

- Ribera de los Naranjos Tinto Summum barrica 2018 de Finca Míllara

- Adobe Mencía 2019 de Rectoral de Gundivós.

- Algueira Carravel Mencía 2016 de Adega Algueira

- Ruxe Ruxe Mencía 2018 de Tolo do Xisto.

lunes, 14 de octubre de 2019

Entrega na Ribeira Sacra dos galardons acadados en Euskadi



Os premios de Euskadi chegan á Ribeira Sacra

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acollía na mañán do 14 de outubro a entrega de premios da Cata
Concurso de “Viños Tintos Galegos” que organiza a “Irmandade dos Centros Galegos en
Euskadi” con motivo do Día de Galicia en Euskadi.
Un ano máis os viños tintos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra foron os mellor valorados
polo panel de cata que conforman membros da Asociación de Euskadi de Sumilleres –
Euskadiko Sumillerren Elkartea. A D.O. Ribeira Sacra presentaba a esta cata 14 mostras
pertencentes a 9 adegas e recibiron hoxe o seu recoñecemento: Capador, Mencía barrica de
2017 de Adega Tear, primeiro clasificado e Casa Moreiras, Mencía 2018 de Adega Casa
Moreiras, como terceiro casificado.
Do acto de entrega de premios participaron o organizador das catas-concurso, o taboadés,
José David Fidalgo e o Presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez. José David
Fidalgo destacou na súa intervención o esforzo da Irmandade dous Centros Galegos en
Euskadi por promocionar os produtos galegos e, en particular, os viños galegos “con esta cata-
concurso na que os viños da D.O. Ribeira Sacra sempre obteñen premios. Cada ano os viños
desta Denominación son máis coñecidos e recoñecidos”.
Pola súa banda, José Manuel Rodríguez, felicitou aos premiados e agradeceu o traballo de
todas as adegas que presentan os seus viños a concursos, certames e feiras “obtendo
excelentes resultados e facendo posible que os viños da D.O. Ribeira Sacra sexan coñecidos
en todo o mundo”. E agradecía a celebración da Cata dos Viños Tintos Galegos en Euskadi. O
seu promotor, José David Fidalgo entregaría tamén obsequio de recoñecemento a José
Manuel Rodríguez, pola colaboración da D.O. nesta cata concurso.

Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra

martes, 1 de octubre de 2019

Dous Ribeira Sacra no podio dos viños galegos en Euskadi



Dous Ribeira Sacra no podio dos viños galegos en Euskadi

A “Irmandade dos Centros Galegos en Euskadi” organizou este ano a XIX Cata
Concurso de “Viños Tintos Galegos”, que se celebrou en Sestao durante os actos
do XXXIV Día de Galicia en Euskadi.
O xurado formado por membros da Asociación de Euskadi de Sumilleres - Euskadiko
Sumillerren Elcartea, deulle o primeiro e terceiro posto a dous viños da D.O. Ribeira
Sacra.
Capador, Mencía barrica de 2017 de Adega Tear é o primeiro clasificado e o
terceiro, Casa Moreiras, Mencía 2018 de Adega Casa Moreiras. O segundo
clasificado e o accésit vanse respectivamente para Rías Baixas e Valdeorras. A D.O.
Ribeira Sacra presentara a este concurso 14 mostras pertencentes a 9 adegas.
Os viños con D.O. Ribeira Sacra continúan obtendo importantes recoñecementos
tanto a nivel nacional como internacional e colleitando éxitos nunha progresión
constante, como resultado do traballo común dun colectivo formado por viticultores e
adegueiros aos que se suman as políticas de promoción, control e mellora de calidade
levadas a cabo polo Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra.