M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

miércoles, 19 de junio de 2019

A D.O. Ribeira Sacra, cita co “Mondial des Vins Extremes”, que organiza o CERVIM



O “Mondial des Vins Extremes”, que se celebrará no Val italiano de Aosta entre o
11 e o 13 de xullo, é o certame internacional máis importante no ámbito da
viticultura de montaña ou viticultura heroica, da que a D.O. Ribeira Sacra é un dos
máximos expoñentes. Os criterios que definen á viticultura de montaña e que, polo
tanto, deben de cumprir as Denominacións para que os seus viños participen no
certame deben de ser algúns das seguintes: altitude superior a 500 metros, pendente
do terreo superior ao 30% (en puntos da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou
sistemas vitícolas de cultivo en socalcos.
En España os únicas D.O. participantes son Canarias, Priorat e Ribeira Sacra.
Estamos en territorios de "viticultura heroica”, denominación á que se chega por
unhas condicións orográficas que non permiten a mecanización, viñedos de pequeno
tamaño frecuentemente organizados en terrazas de cultivo; condicións climáticas
adversas ou/e porque o viñedo atópase en zonas xeográficas con paisaxes de
elevada beleza e con carácter turístico.
A través deste Certame e doutras iniciativas, o CERVIM quere promover e valorizar a
produción enolóxica desas terras que se caracterizan polas dificultades estruturais,
pero tamén por viños singulares que teñen unha personalidade extraordinaria. O seu
obxectivo é salientar as características únicas destes viños e dar a coñecer aos
consumidores os aspectos culturais da viticultura de montaña e o valioso traballo que
os viticultores fan para a posta en valor do territorio.
A D.O. Ribeira Sacra presenta este ano, 51 mostras, 44 de tintos e 7 de brancos,
pertencentes a 35 adegas. Os bos resultados obtidos sempre en Aosta serven de
trampolín internacional para os viños da D.O. Ribeira Sacra e consolídana como un
dos referentes mundiais máis importantes dentro do que se denomina viticultura de
montaña ou viticultura heroica.

OS PREMIOS DO RIBEIRO 2019 E OS SEUS HOMENAXEADOS

OS PREMIOS RIBEIRO 2019 REIVINDICARON O FANTÁSTICO MOMENTO DOS SEUS VIÑOS E HOMENAXEARON AOS MELLORES PROFESIONAIS

Pazo do Mar Expresión 2018 foi escollido como mellor viño branco de adega; Finca Teira 2018, como mellor branco de colleiteiro; Alberte 2018, mellor tinto de adega; e Mónica Albor Mencía 2018, mellor viño tinto de colleiteiro

Juan Manuel Casares, presidente do Consello Regulador, avanzou que o organismo contará cunha nova sede, tras acadar un acordo coa Xunta de Galicia

 
18 de xuño de 2019. A Denominación de Orixe Ribeiro viviu a súa grande xornada anual coa entrega dos seus premios que tivo lugar no histórico Mosteiro de San Clodio, en Leiro, ante uns 250 convidados entre os que estaban profesionais do sector, distribuidores, xornalistas e autoridades.

O presidente do Consello Regulador, Juan Manuel Casares, anunciou que o organismo contará por fin cunha nova sede, tras lograr un acordo coa Xunta.

“Unha vez recibido o plácet da Xunta de Galicia, nos vindeiros días asinaremos un novo acordo de cesión das instalacións para a nova sede por 35 anos. Unha vez asinado, un proxecto pagado integramente con fondos propios do Consello, dotaranos dun local á altura da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia”, apuntou Casares.

No seu discurso tamén tivo palabras para a reivindicación: “Neste contexto eu reivindico o papel do Consello Regulador como axente vertebrador e de cohesión do territorio. Xestionamos calidade, xestionamos promoción pero tamén xestionamos a vida das persoas porque xeramos oportunidades para o desenvolvemento dunha comarca esencialmente vitivinícola”.

O presidente do C.R.D.O. Ribeiro animou a todos os elos da cadea de valor do viño na comarca do Ribeiro a traballar xuntos para impulsar esta comarca vitivinícola. “Somos Miño, Arnoia, Avia; somos adegas, cooperativas, colleiteiros, viticultores. En resumo, somos bacelos da mesma cepa de treixadura e a nosa misión é colocala onde lle pertence por dereito; por historia e por caste”, destacou Juan Manuel Casares.


Un serán de premios

O evento serviu para desvelar os gañadores nas distintas categorías dos galardóns para viños, designados nunha cata cega por un panel de expertos.

Pazo do Mar Expresión 2018, de Pazo do Mar é o “Mellor viño branco de adega”, sendo os finalistas Pazo Tizón 2018 (Pazo Tizón); Alter 2018 (Priorato de Razamonde); Catro Parroquias 2018 (Loeda); Farnadas 2018 (Pazo de Vieite); e Antonio Montero Autor 2018 (Vinos Antonio Montero).

O galardón ao “Mellor viño branco de colleiteiro” recaeu en Finca Teira 2018, de Manuel Formigo de la Fuente, acompañado como finalistas por Libro 2018 (Antonio Cajide Gulín); Casal de Paula 2018 (Emilio Docampo Diéguez); Mal raio te parta 2018 (Javier Estévez Abeledo); Manuel Rojo 2018 (Adega Manuel Rojo); e Lagar do Merés 2018 (José Meréns Martínez).

“Mellor viño tinto de adega” é Alberte 2018,  de Bodegas Nairoa. Pola súa parte, Alter 2018 (Priorato de Razamonde); Viña do Campo Mencía 2018 (Docampo); Preto de Leive 2017 (Leive Ecoadega); Divino Rei 2018 (Castro Rei); e O Cotarelo 2018 (Benigno Ríos Mosquera) foron finalistas.

E, o “Mellor viño tinto de colleiteiro” é Mónica Albor Mencía 2018, de Mónica Albor López. Ademais, Elisa Collarte 2018 (Elisa Collarte Bernárdez); Verbas 1917 2017 (Eva Bermúdez Pulleiro); Viña Carpazal 2018 (José Antonio Rodríguez Fernández); Celme do Souto 2017 (Adegas Celme); e Manuel Rojo 2017 (Adega Manuel Rojo) tamén chegaron á cata final.

Durante a gala tamén se entregaron os galardóns honoríficos do Consello Regulador.

O presidente de Paradores, Óscar López, agradeceu o “Premio de Honra”, recollido das mans do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O galardón quere agradecer a profesionalidade, calidade e máis o compromiso da empresa pública coa riqueza vitivinícola española e, en especial, cos viños do Ribeiro.

O “Premio á mellor tarefa de Comunicación” aos programas da Televisión de Galicia Labranza e O Agro salienta o esforzo do seu equipo e do conxunto da CRTVG por informares tanto as novidades como da situación global do mundo agro alimentario, nunha traxectoria que supera xa os 27 anos e os 1.500 programas.

Así, Juan Manuel Casares agradeceu á CRTVG o seu traballo na construción da identidade de Galicia.

“Síntome orgulloso do papel dun medio público na construción do país; síntome feliz polo seu labor diario na conservación do idioma; síntome agradecido por facerdes cada día unha Galicia máis de seu”, expuxo o presidente do C.R.D.O. Ribeiro.

Tamén tomou a palabra María Isabel Mijares, Premio “Muller e Viño” 2019 polo seu traballo senlleiro durante décadas en campos como a calidad, a xestión, a formación ou a difusión da viticultura.

Emilio Rojo Bangueses recolleu o “Vida entre Vides”. O Consello quere destacar a súa aposta polo carácter propio nos viños; as castes autóctonas; e o coñecemento profundo da riqueza e da pluralidade enolóxica coas que contan as terras do Ribeiro.

Na cerimonia tamén foron premiados tres establecementos. La Sucursal(Lugo) recibiu o galardón a “Mellor tenda especializada – viñoteca”; La Molinera (Lalín), o de “Mellor servizo de viño en restaurante”; e a Taberna A Curva (Portonovo) foi distinguida como “Mellor taberna – Bar de viños”

ABANCA colabora na organización dos Premios D.O. Ribeiro 2019.


Sobre a Denominación de Orixe Ribeiro

A Denominación de Orixe Ribeiro é a máis antiga de Galicia, oficialmente protexida no ano 1932, e unha das máis antigas de España. Está conformada por 111 adegas situadas nos vales formados polos ríos Miño, Avia e Arnoia, no noroeste da provincia de Ourense.

A D.O. Ribeiro ten unha extensión de 2.220 hectáreas de vide situadas nos concellos de Arnoia, Beade, Boborás, Carballeda de Avia, Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Ourense, Punxín, Ribadavia, San Amaro e Toén. Un territorio de grande diversidade vitivinícola onde traballan uns 5.700 viticultores.

Produce viños brancos e tintos xenuínos con variedades autóctonas locais: Treixadura, Loureira, Sousón, Brancellao… Así como o Tostado do Ribeiro, un viño naturalmente doce de longa tradición na zona que data do século XIX.  A produción da colleita 2018 na Denominación de Orixe foi de 9 millóns de quilos de uva. O 92% da produción total é de viño branco e o 8% de viño tinto.         
 
CategoríaGañador
“Mellor viño branco de adega”Pazo do Mar Expresión 2018
“Mellor viño branco de colleiteiroTeira 2018
“Mellor viño tinto de adega”Alberte 2018
“Mellor viño tinto de colleiteiroMónica Albor Mencía 2018
“Premio de Honra”Paradores
“Premio á mellor tarefa de Comunicación”Labranza e O Agro (TVG)
“Muller e Viño”María Isabel Mijares,
“Vida entre Vides”Emilio Rojo Bangueses
“Mellor tenda especializada – viñoteca”La Sucursal (Lugo)
“Mellor servizo de viño en restaurante”La Molinera (Lalín)
“Mellor taberna – Bar de viños”Taberna A Curva (Portonovo)
 

domingo, 16 de junio de 2019

EMILIO ROJO RECIBE O PREMIO “VIDA ENTRE VIDES” 2019 DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RIBEIRO



O enólogo e produtor recibirá o recoñecemento aos seus anos de traballo a prol dos viños desta Denominación de Orixe na Gala do martes 18 de xuño

14 de xuño de 2019. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro decidiu outorgar o seu Premio “Vida entre Vides” a Emilio Rojo.

Emilio Rojo Bangueses (A Arnoia, 1951) puxo a andar no 1997 o proxecto vitivinícola que leva o seu nome e suma máis de 30 anos como viticultor e produtor na Denominación de Orixe Ribeiro.

Un proxecto no que o seu saber e aposta pola calidade colocaron os seus viños nas mellores mesas e cartas, cunha proposta persoal, sempre buscando a excelencia e diferenciación, na que as súas botellas acaban por estar comprometidas mesmo antes de seren embotelladas.

Desde sempre, Emilio Rojo apostou polas castes autóctonas; o carácter propio nos viños; e o coñecemento profundo dos viñedos e da riqueza e pluralidade enolóxica coas que contan as terras do Ribeiro.

Emilio Rojo engádese deste xeito á lista de gañadores do premio “Vida entre vides”, que conta co viticultor Avelino Lorenzo; con Arsenio Paz, responsable da adega Vilerma; e máis con Manuel García Montero, socio fundador e promotor da Cooperativa Vitivinícola Pazo  do Ribeiro, actualmente coñecida como  Viña  Costeira.

O galardón foi creada polo Consello Regulador para salientar o traballo e servir de homenaxe e recoñecemento ao traballo dos viticultores e adegueiros da D.O. Ribeiro que, co seu esforzo e dedicación, foron pioneiros na modernización e avance desta denominación de orixe, a máis antiga de Galicia.



Información sobre a gala e resto de premios
A Gala de Premios celebrarase o martes 18 de xuño, a partires das 19:30 horas, no Mosteiro de San Clodio (Leiro). Contará como presentadores cos actores Ledicia Sola e Xosé Antonio Touriñán.

Ademais do “Vida entre Vides” a Emilio Rojo, o CRDO Ribeiro homenaxeará a Paradores co “Premio de Honra”; aos programas de Televisión de Galicia Labranza e O Agro, como “Premio á Mellor Tarefa de Comunicación”; e a María Isabel Mijares, co “Muller e Viño”.

Na cerimonia tamén vaise premiar a tres establecementos. La Sucursal (Lugo) recibirá o galardón á “Mellor tenda especializada – viñoteca”; La Molinera (Lalín), o do “Mellor servizo de viño en restaurante”; e a Taberna A Curva (Portonovo) será distinguida como “Mellor taberna – Bar de viños”.

Un panel de cata será o encargado de designar os mellores viños brancos e tintos, de adega e de colleiteiro. O veredicto coñecerase no evento do martes vindeiro, que ha reunir a todos os profesionais do sector.


Sobre a Denominación de Orixe Ribeiro

A Denominación de Orixe Ribeiro é a máis antiga de Galicia, oficialmente protexida no ano 1932, e unha das máis antigas de España. Está conformada por 111 adegas situadas nos vales formados polos ríos Miño, Avia e Arnoia, no noroeste da provincia de Ourense.

A D.O. Ribeiro ten unha extensión de 2.220 hectáreas de vide situadas nos concellos de Arnoia, Beade, Boborás, Carballeda de Avia, Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Ourense, Punxín, Ribadavia, San Amaro e Toén. Un territorio de grande diversidade vitivinícola onde traballan uns 5.700 viticultores.

Produce viños brancos e tintos xenuínos con variedades autóctonas locais: Treixadura, Loureira, Sousón, Brancellao… Así como o Tostado do Ribeiro, un viño naturalmente doce de longa tradición na zona que data do século XIX.  A produción da colleita 2018 na Denominación de Orixe foi de 9 millóns de quilos de uva. O 92% da produción total é de viño branco e o 8% de viño tinto.          



miércoles, 12 de junio de 2019

Velada de Los Sentidos de Godeval con Mr. Cool



La III Velada de los Sentidos de Godeval se celebrará el 6 de julio
El próximo día 6 de julio la bodega valdeorresa celebrará la tercera edición de este
evento en el que la música y el vino se fusionarán para que los sentidos sean los
protagonistas. En la "Velada de los Sentidos de Godeval" se unirán el disfrute de los
vinos de la bodega (100 % godello) con la música del cantante e instrumentista
gallego, Ramón Orencio “Mr Cool”, en un entorno único al aire libre entre
viñedos. Mister Cool es un artista especial que nos hará sentir la música a través de
una voz muy personal acompañada de su intrepretación con trompeta, guitarra y otros
instrumentos. En este concierto en la bodega actuará con una banda, ofreciendo un
concierto para público de cualquier edad y condición.

Este año, Bodegas Godeval quiere apoyar a los músicos y compositores que llevan
una trayectoria en el mundo de la música. El artista Mister Cool cumple el objetivo de
la bodega. La composición musical, la interpretación y también la docencia lo avalan
como un artista polifacético.
La idea es continuar con este ciclo de conciertos que empezaron hace dos años y poder
traer a Valdeorras artistas que están despuntando por sus trabajos musicales y
aquellos que ya tienen una trayectoria, aunque sea menos conocida pero avalados por
su trabajo.
Las entradas para asistir a esta velada ya están a la venta desde el día 4 de junio y
hasta el día 4 de julio en la sede de la bodega en Xagoaza (O Barco) y también en
varios locales de O Barco: Ton y Son, Perfumería y Estética Pamen, Moda y
Complementos Can-Can . El precio de entrada al concierto es de 15 €/persona. Los
miembros del Club de Amigos de Godeval tienen un precio especial.
El día 6 de julio además de escuchar música en un entorno único entre viñedos, podrán
degustar los vinos de la bodega acompañados de una variedad de tapas diseñadas por
un restaurante de la comarca de Valdeorras, finalizando con cócteles, cuyas recetas
originales han sido creadas por cocteleros gallegos de primer nivel y cuya base principal
serán los aguardientes y licores, marca Mosteiro de Xagoaza, elaborados por Bodegas
Godeval y procedentes del bagazo de sus uvas de godello. Toda una oportunidad para
disfrutar de todos nuestros sentidos en una sola Velada, en “La Velada de los Sentidos”.

No olviden que  ese fin de semana podrán completar su faceta de enoturismo, vino y música con el festival Silfest a orillas del Sil.