"Irmandiña de Honra" foi nomeada a Asociación de Sumilleres de Galicia GALLAECIA ,na persona da sua presidenta Mercedes González, en proba de recoñecemento e agradecemento pola divulgación das excelencias dos viños e os productos agroalimentarios etiquetados en lingua galega. Este nomeamento tivo lugar na futura sede do Museo Galego do Viño, Rectoral de Santo André en Ribadavia o 7 de xullo. Este recoñecemento ven dado polo FORO ENRIQUE PEINADOR e máis concretamente pola IRMANDADE GALEGA DE ADEGUEIROS (IRGADE) que se constitue para
" intentar promover
o consumo responsable. Preferir produtos galegos etiquetados na nosa lingua é
unha maneira de sermos galegos galeguizados. Elixir establecementos que se
identifican coa nosa identidade é unha boa maneira de pedir que se respecte a
nosa lingua nas relacións cos clientes. Non sexamos consumidores pasivos e
promovamos a galeguización comercial. Respondamos ás propostas que nos fagan en
calquera establecemento cun prego rotundo e amable á vez: Etiquetados en
galego, por favor. Cómpre que todos, como consumidores e empresarios, nos
impliquemos nesta tarefa. Vivamos como galegos galeguizados. Pedimos ás
organizacións sociais do País que se sumen a esta campaña do Foro E. Peinador
(Irmandade Galega de Adegueiros), divulgando nas redes sociais este
promocional. A galeguización de Galicia é posible. Se queremos...podemos."
E un exemplo claro podémolo ver no video CONSUMO GUSTOS que tan brillantemente guionizou Xosé Carballido Presas, o coordinador do IRGADE.
De atrás adiante Mercedes González (Gallaecia), Xosé Luis de Alán de Val, Terras Gauda, etc. Foto: Jorge Cardoso.
Mercedes recibe o nomeamento do Presidente da Real Academia Galega ,no fondo Luis Paadin de AGC. Foto : Luis Paadin.
Mercedes Glez (presidenta Gallaecia) e Xosé Carballido (Coordinador do IRGADE)
Os Irmandiños de Honra como xa vos dixen, Asociación de Sumilleres de Galicia GALLAECIA, a AGC (Asociación Galega de Catadores ),na persoa do seu presidente Luis Paadin, Antón Reixa, presidente da SGAE, a Federación Galega de Turismo Rural, o exportador chinés de viños galegos, Feng Jiang e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional.
Como podedes comprobar unha responsabilidade importante coa que nos comprometemos polo ambicioso e importancia do proxecto así coma a importancia da xente coa que vamos a compartir e continuar esta andaina.
Deixóvos unhas fotos do futuro museo do viño, e digo futuro porque unha vez máis os nosos políticos esquenceron que os protagonistas non deben ser eles senon os seus legados e nesta ocasión votaron o freo ao que xa estaba feito que foi o máis costoso e queda no olvido unha obra importante que non se pode deixar morrer.
CUBAS NO MUSEO DO VIÑO DE SANTO ANDRÉ
LAGARES NO MUSEO DO VIÑO DE SANTO ANDRÉ
Namentres se aclaran o mellor e ir disfrutando dalgún dos nosos viños con identidade galega tanto na orixe como na fala ou no modo de contárnolo, iso sí, sempre con responsabilidade.
¡Salud!
No hay comentarios:
Publicar un comentario