FESTA DO BOTELO 2017 NO BARCO DE VALDEORRAS
FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA
¿Quen dixo frio habendo botelo e música?
ACTIVIDADES DO PROGRAMA DA FESTA DO BOTELO 2017
A XVII edición da Festa do Botelo celebrarase no Barco o día 21 de xaneiro de 2017,
previamente e posteriormente, están previstas unha serie de actividades dedicadas á
promoción deste evento declarado no 2014 como Festa de Interese Turístico de Galicia.
DOMINGO 11 XANEIRO
EMISIÓN do programa Come e Fala da Radio Galega
Dia de emisión: domingo, 13-14 horas
O programa Come e Fala, Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro
2010, trata de achegarnos un pouco máis a gastronomía, a enoloxía, os produtos e produtores,
cociñeiros e cociñeiras de Galicia. Conducido por Xosé Manuel García este é o único programa
na Radio Galega, e no panorama radiofónico español, dedicado á promoción da gastronomía
galega.
Empresas que colaboran co Concello do Barco: Adega Roandi, Embutidos García Marcos,
Mantesil, Ruta do Viño de Valdeorras.
LUNS, 16 DE XANEIRO
Venda de entradas XVII Festa do Botelo
Prezo: 15 €/persoa
Número de entradas á venda: 1150
Hora: 17 horas
Lugar de compra das entradas: Billeteira do Teatro Lauro Olmo
Número de entradas por persoa: MÁXIMO 20 ENTRADAS
Os grupos que queiran sentarse xuntos durante a comida terán que comunicalo no momento
da retirada das entradas.
XOVES, 19 DE XANEIRO
Cine na Casa da Cultura
Película: Viaxe a Italia
Cine Clube Groucho Marx
Hora: 20:30 horas.
SÁBADO, 21 DE XANEIRO
DIA da XVII Festa do Botelo
Feira de produtos gastronómicos
Durante todo o sábado e o domingo na zona da PRAZA ANDRÉS DE PRADA. Nunha carpa
haberá varios postos nos que se poderán comprar diferentes produtos gastronómicos tales
como mel, bicas,botelos, embutidos,etc.
Horario da feira : -Sábado : 11 horas a 20 horas
-Domingo: 11 horas a 20 horas
Acto do pregón e mención de honra
Lugar: Casa da Cultura do Barco
Hora do acto: 12:30 horas.
-Mención de honra 2016: Obdulia Fidalgo Real ( Lula A Pulpeira)
-Pregoeiros: Actor Carlos Blanco e debuxante Luis Davila
- Actuarán tamén neste acto: Orfeón Valdeorrés
Degustación do botelo
Lugar: Pavillón de Calabagueiros
Hora: 14:30 horas
Unhas 1300 persoas degustarán o botelo con patacas e verdura acompañada por viño mencía.
Este ano o viño será da adega Roandi (Éntoma) e haberá 755 kilos de botelo para degustar.
Ao mesmo tempo nos restaurantes da vila poderase degustar o botelo cos prezos que marque
cada establecemento.
Fotomatón do botelo
Na entrada do pavillón onde estará colocado o Photocall do Botelo haberá a oportunidade de
facerse unha foto e levala de recordo para a casa.
Horario: 16:30 a 18 horas
FESTA NA TARDE DO BOTELO
Orquestra na Carpa do Programa da TVG “Aquí Galicia”. Emisión en directo .
Lugar: Praza Andrés de Prada
Hora de inicio da emisión: 16 horas
O programa da TVG “Aquí Galicia” emitirá en directo este magazine, de máis de dúas horas en
directo, presentado por Lucía Rodríguez, Juan Fuentes e Bernardo Montaña. Os espectadores
coñecerán un pouco máis de O Barco a través de reportaxes sobre a súa gastronomía e os seus
lugares de interese turístico. Os asistentes ao programa terán ademais música en vivo.
II FOLIADA Cantos de taberna
Seis grupos musicais tocarán, durante a tarde-noite, en 12 locais do casco urbano da vila
barquense. Estes grupos estarán presentes tamén durante a comida do Botelo no pavillón de
Calabagueiros.
Grupos participantes
Centro Galicia (Ponferrada)
Os Palletas (Quiroga)
Píngalle o moco (A Pobra de Brollón)
Macizas Centrais (Pobra de Trives)
Corenta e cinco boys (A Pobra de Brollón)
Pándega (Valdeorras)
Tocarán de xeito itinerante, a partir das 19 horas, nos seguintes locais: Agarimo, San Mauro,
Pizzería O Barco, O Buraco, Veira Sil, Al Natural, Bar 13/14, A Pampa, A Cova, Divino Paseo, La
Fábrica, Vinum.
DOMINGO 22 DE XANEIRO
Espectáculo “Menú da Noite” con Carlos Blanco e Luis Davila
Lugar: Teatro Lauro Olmo
Hora: 19 horas
Prezo: 10 €
Número de entradas: 250
Venta de entradas: Ton y Son tenda de música e media hora antes na billeteira do Teatro
Lauro Olmo.
O BOTELO NOS RESTAURANTES E RUTA DE PINCHOS
Restaurantes e bares da vila ofrecerán botelo nos seus menús nesa fin de semana para todas
aquelas persoas que queiran degustalo nos seus locais. No folleto O Barco Vai de Pinchos (e
tamén na sección Ruta de pinchos da web www.festadobotelo.es ) poden ver os lugares onde
degustar o botelo tanto en pinchos coma en menús.
MATERIAL PROMOCIONAL e ACCIÓNS DE COMUNICACIÓN
Cartel
O coñecido debuxante Luis Davila “O bichero” elaborou o cartel da Festa do Botelo 2016 e este
ano repítese cartel por telo a el como pregoeiro. A mesma ilustración, cuns leves retoques
figura na cartelería e na promoción nas redes sociais. O debuxo vai na liña das súas viñetas
que publica a diario en Faro de Vigo.
Camisetas e botellas de viño á venda no pavillón de Calabagueiros
Camisetas de cor branca cunha ilustración feita por Luis Davila. Poranse á venda o día da Festa
do Botelo no propio pavillón de Calabagueiros e tamén durante o acto do pregón na Casa da
Cultura do Barco.
Prezo: 7€/camiseta
Os comensais terán un desconto de 2 €/camiseta presentando a súa entrada no momento da
compra.
Este ano tamén haberá á venda botellas de viño coa etiqueta do cartel do botelo deste ano.
Será o mesmo que se degustará durante a comida.
Prezo: 4 €/ botella
Páxina web e redes sociais
-Ampliación de contidos da páxina web para promocionar a festa do botelo:
www.festadobotelo.es
-Facebook : Festa do Botelo
-Twitter: @festadobotelo
No hay comentarios:
Publicar un comentario