M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

lunes, 24 de febrero de 2020

A D.O. Ribeira Sacra celebra en Portomarín a Cata de Calificación da colleita 2019, o día 28




As Catas de Calificación da Ribeira Sacra teñen carácter itinerante por subzonas e, nesta ocasión, a quenda é para a subzona de Chantada. O pasado ano, a cita foi en Paradela (subzona de Ribeiras do Miño), onde a colleita 2018 obtiña a valoración de EXCELENTE.

Integran o panel de cata desta edición:

·         Constantino Iglesias, Asociación Galega de Catadores
·         Alejandro López Facorro, Asociación Sumilleres de Gallaecia
·         Ana Isabel Fernández Escudero, Asociación VitisLucus, expertos en análisis sensorial e enoturismo
·         Maira Ratón Fernández, Asociación Galega de Enólogos
·         Waldo Carreiras Albo, representante Consumidores Consello Regulador D.O. Ribeira Sacra
·         José María Martínez Alonso, representante Distribución Consello Regulador D.O. Ribeira Sacra
·         Alfonso Losada Quiroga, experto en Análise Sensorial de Viños
·         David Pascual Rodríguez, experto en Análise Sensorial de Viños
·         Mar Vilanova de la Torre, expera en Análise Sensorial de Viños
·         José Luis Hernáez Mañas, experto en Viticultura e Análise Sensorial de Vinos

O panel de cata valorará 10 mostras, 2 por subzona (Amandi, Chantada, Quiroga- Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil), buscando ter representación en cada subzona dunha adega de maior produción e outra de menor produción, para establecer unha valoración media dos viños da nova anada. A recollida de mostras estivérona facendo técnicos do C.R.D.O.R.S. desde o pasado día 21.

O Consello Regulador organiza esta cata co fin de informar aos consumidores sobre a calidade dos viños que se van a atopar no mercado. A primeira cata de cualificación celebrouse no 1996, co resultado de “BOA”. Desde entón, todas as cualificacións foron de “MOI BOA”, excepto os dous últimos anos e no 2000, que foron “EXCELENTES”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario