M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

martes, 24 de mayo de 2022

Volve a Cata dos Viños de Ribeira Sacra e faino con 84 mostras rexistradas de 32 adegas

 











Volve a Cata dos Viños de Ribeira Sacra e faino con 84  mostras rexistradas de 32 adegas

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebra os días 26 e 27 de maio, a  Precata e Cata dos Viños da Ribeira Sacra. Para esta edición presentáronse un total de 84 viños pertencentes a 32 adegas: 27 viños tintos, 16 viños brancos e 41 doutras anadas. Con respecto á última cata, celebrada no 2019, preséntanse 20 viños máis, destacando o incremento na categoría doutras anadas que pasa de 16 a 41 mostras inscritas.

Estas son, precisamente, as tres categorías do certame: Viños Brancos, Viños Tintos e Viños doutras Anadas. Nas categorías de Brancos e Tintos establécense 3 premios: Medalla de Ouro, Medalla de Prata e Medalla de Bronce. Na categoría doutras Anadas establécense 2 Medallas de Ouro, ao superar as 14 mostras participantes.

Técnicos do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra recolleron 3 mostras ao azar de entre o stock das adegas. Este mércores, día 25 de maio, o notario procederá ao embolsado, precintado e numerado das botellas, que permanecerán convenientemente custodiadas ata a celebración da Cata.

Os viños cataranse por series, comezando polos Viños Brancos e terminando cos viños doutras Anadas. O número máximo de viños seleccionados que pasarán á Cata final será de 10 para a categoría de Viños Tintos e 6 para as categorías de Viños Brancos e Viños doutras Anadas,


O panel de cata desta XXVI edición intégrano:



·       Ramón García Bernárdez, Representante Asociación Galega de Enólogos

·       Mercedes González Rodríguez, Representante Vitislucus-Expertos Análise Sensorial e Enoturismo

·       Miguel Ángel Martín, Fundador portal Enocata.com. Colaborador en publicacións especializadas e programas de Radio. Xurado en concursos nacionais e internacionais. Vicepresidente da Asociación Española de Periodistas y Escritores del Vino (AEPEV).

·       Jorge Luis Mazaira Pérez, Director Técnico CRDO Valdeorras.

·       Antonio Manuel Magallhaes, Integrante do Panel de Cata da Denominación de Orixe da Rexión Demarcada do Douro. (Viño de Douro y Porto)

·       Alberto Levi, Asociación Italiana de Sumilleres

·       José María Martínez Alonso, Integrante do Comité de Partes do Consello Regulador.

·       Mª Eugenia Medina González, Integrante do Panel de Cata do Consello Regulador.

·       Maira Ratón Fernández, Integrante do Panel de Cata do Consello Regulador.

 


 Vuelve la Cata de los Vinos de Ribeira Sacra y lo hace con  84 muestras inscritas de 32 bodegas


El Consello Regulador de la Denominación de Origen Ribeira Sacra celebra los días 26 y 27 de mayo, la Precata y Cata de los Vinos de Ribeira Sacra. Para esta edición se han presentado un total de 84 vinos pertenecientes a 32 bodegas: 27 vinos tintos, 16 vinos blancos y 41 de otras añadas. Con respecto a la última cata, celebrada en 2019, se presentan 20 vinos más, destacando el incremento en la categoría de otras añadas que pasa de 16 a 41 muestras inscritas. 

Estas son, precisamente, las tres categorías del certamen: Vinos Blancos, Vinos Tintos y Vinos de Otras Añadas. En las categorías de Blancos y Tintos se establecen 3 premios: Medalla de Oro, Medalla de Plata y Medalla de Bronce. En categoría de Otras Añadas se establecen 2 Medallas de Oro, al superar las 14 muestras participantes. 

Técnicos del Consello Regulador de la D.O. Ribeira Sacra recogieron 3 muestras al azar de entre el stock de las bodegas. Este miércoles, día 25 de mayo, el notario procederá al embolsado, precintado y numerado de las botellas, que permanecarán convenientemente custodiadas hasta la celebración de la Cata. 

Los vinos de catarán por series, comenzando por los Vinos Blancos y terminando con los vinos de Otras Añadas. El número máximo de vinos seleccionados que pasarán a la Cata final será de 10 para la categoría de Vinos Tintos y 6 para las categorías de Vinos Blancos y Vinos de Otras Añadas,       




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario