M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

miércoles, 23 de abril de 2025

Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra , achegovos flores e viños

 




Ábrese o prazo de inscrición para participar na primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra que terá lugar dentro dun mes


 Contarase cunha actividade complementaria de cata, que terá lugar o venres, 23 de maio, no Centro do Viño de Ribeira Sacra ás 19:30h. A actividade é gratuíta e require dun grupo mínimo de 10 persoas:

 

·       Cata Maridaxe Viño e Flores, maio, mes no que en moitos puntos de Galicia celébranse os "Maios". Con esta proposta a Ruta do Viño quere celebrar esa tradición presente nos seus viños e a contorna, cunha harmonía de viños e flores de tempada, buscando esa asociación do mes de maio e os matices dos seus viños. Que aromas nos trasladan os viños de expresión máis primaveral e reforzar eses aromas cheirando varias desas flores e outras herbas. A que cheiran un "maio" e un viño?

Durante as fins de semana de maio celébrase a Primavera de Portas Abertas nas Rutas do Viño de Galicia. No Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 23 e o 25 de maio. Contarase con visitas guiadas e gratuítas ás adegas: Adega Vella, Amedo, Adega Proencia, Adega Ribada, Cachín, Casa Moreiras, Rectoral de Amandi, Condado de Sequeiras, Finca Míllara, Ponte da Boga, Ronsel do Sil, Val de Quiroga e Vía Romana. Ao finalizar as visitas ofreceranse degustacións de viños.

 

Como é habitual haberá Bus do Viño, con 4 saídas o sábado pola mañá desde a Praza de Bretaña en Lugo, a estación de ferrocarril de Ourense, a Avenida Xardíns Méndez Núñez na Coruña e na Avenida de Madrid en Vigo (Centro médico Concheiro). O domingo día 25 haberá un Bus do Viño con saída da estación de ferrocarril de Ourense, outro desde a Praza de Bretaña en Lugo e unha saída desde Santiago de Compostela (Hotel Porta do Camiño). A actividade ten un custo de 10 €/adult@ - 5 €/niñ@ (de 3 a 13 anos). O xantar non está incluído. As prazas son limitadas sendo necesaria reserva previa na web da Ruta do Viño de Ribeira Sacra https://rutadelvinoribeirasacra.org/lista-actividades/es

 

Organízanse ademais roteiros e actividades enoturísticas para coñecer a paisaxe, as adegas e o patrimonio da Ruta:

 

·       Ouro, Aceite e Viño de Quiroga, con saída o 24 de maio ás 9:00h. do aparcamento do Parque dos Condes de Monforte de Lemos. O prezo é de 10€/persoa, sendo necesario un mínimo de 10 persoas para realizar a actividade que inclúe transporte e guía acompañante para facer roteiro de sendeirismo polo Camiño de Inverno, partindo de Montefurado e finalizando no muíño de aceite. (Tramo de 6km aproximadamente, dificultade baixa)

·       Ruta do Románico de Sober, con saída o 24 de maio ás 9:30h. da Oficina de Turismo de Sober (Praza do Concello). A actividade é gratuíta. Os desprazamentos realizaranse en vehículos particulares, sendo necesario un mínimo de 10 persoas para realizar a actividade. Inclúe as visitas a San Xillao de Lobios, San Vicente de Pinol, Santa María de Proendos e visita e degustación na adega Proencia.

·       Entre Auga e Viño, con saída o 24 de maio ás 17:00 h. desde o aparcamento do Parque dos Condes en Monforte de Lemos, Lugo. O prezo é de 10€/persoa, sendo necesario un mínimo de 10 persoas para realizar a actividade que inclúe transporte e guía acompañante para facer o Roteiro desde o pantalán de Pincelo na lancha Quinta Sacra polo río Miño, gozando dos socalcos e adegas ata chegar á zona de San Fiz para finalizar no pantalán da Míllara. Inclúe visita á adega Finca Míllara coa degustación de 3 viños acompañados duns petiscos.

·       Viño e jazz. O 24 de maio ás 19:00h celebrarase un concerto de música do grupo de Jazz Gabi Triana Quintet nos arredores do embarcadoiro dos Chancís no municipio de Sober. Durante o concerto haberá degustación de 3 viños presentados por un catador, mesturando os diferentes estilos, ritmos e melodías cos viños nunha contorna única á beira do Sil. A actividade é gratuíta e conta con aforo para 60 persoas.

·       Ruta do Camiño de Inverno: Románico e Natureza, con saída o 25 de maio ás 09:30 h. desde o aparcamento do Parque dos Condes en Monforte de Lemos. O prezo é de 10€/persoa, sendo necesario un mínimo de 10 persoas para realizar a actividade que inclúe transporte e guía acompañante para visitar a igrexa románica de San Paio de Diomondi e o palacio de Diomondi, hoxe albergue de peregrinos. Farase un percorrido a pé entre Diomondi e a aldea de Belesar, entre soutos e carballeiras para coñecer os aspectos naturais, patrimoniais e etnográficos deste tramo (aprox. 3 km dificultade media).

 

 

 Entre Miradoiros dos Canóns do Sil, con saída o 25 de maio ás 09:30 h. desde o aparcamento do Parque dos Condes en Monforte de Lemos. O prezo é de 10€/persoa, sendo necesario un mínimo de 10 persoas para realizar a actividade que inclúe transporte e guía acompañante para visitar o Miradoiro Pena do Castelo e o de Cadeiras, coñecer Adega Vella e degustar 7 viños cuns petiscos.

 


Esta Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño de Ribeira Sacra conta tamén con visitas ao Centro de Interpretación do Viño de Ribeira Sacra que se farán o venres 23, sábado 24 e domingo 25 de maio, ás 12.30 e ás 18.00 h. O Ecomuseo de Arxeriz fará visitas nesas xornadas, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h. Tamén o Museo Etnográfico de Quiroga fará visitas os tres días previa reserva. O 24 e 25 de maio, tamén previa reserva, haberá Roteiros Guiados en Segway pola Ribeira Sacra de 12.00 a 17.00 e Quinta Sacra ofrece paseos en barca para grupos segundo dispoñibilidade.

 

Para participar nas actividades da Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño de Ribeira Sacra é necesaria inscrición previa a través da web https://rutadelvinoribeirasacra.org/lista-actividades/es. Ábrese o prazo de inscrición o día 23 de abril sendo necesaria unha inscrición por persoa. Para máis información rutavino@ribeirasacra.org e no teléfono 698 167 991.

 

 

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario