M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa
Mostrando entradas con la etiqueta Festa do Botelo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festa do Botelo. Mostrar todas las entradas

lunes, 29 de enero de 2018

O Barco de Valdeorras celebrará a V Festa do Botelo na Coruña o día 3 de febreiro

O Barco de Valdeorras celebrará a V Festa do Botelo na Coruña o día 3 de febreiro


A quinta Festa do Botelo na cidade da Coruña celebrarase este sábado, día 3 de febreiro. O lugar desta nova edición será o restaurante Mirador de San Pedro ao igual que nas catro celebracións anteriores. O Concello do Barco de Valdeorras está organizando esta nova festa do Botelo na capital herculina para continuar coa difusión do produto rei do inverno valdeorrés. O botelo, é dicir, o estómago do porco recheo de costelas adubadas, afumado e que se consume cocido, está acadando un gran recoñecemento e difusión fóra das terras valdeorresas.



A festa comezará ás 13:00 horas coa recepción dos comensais e a continuación a comida na que os entrantes serán a tradicional sopa do cocido e a típica empanada de maravallas. O prato principal terá ao botelo como protagonista, acompañado de cachelos, chourizos e verdura. Para a sobremesa haberá bica e a torta de roxóns, ademais dun grupo musical para amenizar a tarde. Para acompañar a comida do botelo estarán os viños da DO Valdeorras.

 O xantar custa 30 € por persoa e as reservas xa se poden facer mediante o pago nun número de conta que o restaurante ten aberto. Aqueles que vaian en grupo deberían especificar o nome do grupo ao que pertencen para poder organizar as mesas.
Esta Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2014 celebrou o pasado día 20 de xaneiro a súa décimo oitava edición na vila do Barco. Agora continúa a súa promoción fóra das terras valdeorresas e ademais da comida na Coruña, xa se está preparando outra en Vigo na súa IV edición para o día 3 de marzo.

Todas as actividades atópanse especificadas na web www.festabotelo.es




DATOS DO BOTELO : O botelo consistente no recheo do estómago do porco con costelas adubadas e posteriormente afumado, que se consume cocido, conta con protección como Indicación Xeográfica Protexida dende o 2009. No 2014 a Festa do Botelo do Barco foi declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia.