O
Barco de Valdeorras celebrará a V Festa do Botelo na Coruña o día
3 de febreiro
A
quinta Festa do Botelo na cidade da Coruña celebrarase este sábado,
día 3 de febreiro. O lugar desta nova edición será o restaurante
Mirador de San Pedro
ao igual que nas catro celebracións anteriores. O Concello
do Barco de
Valdeorras está
organizando esta nova festa do Botelo na capital herculina para
continuar coa difusión
do produto rei do inverno valdeorrés.
O botelo, é dicir, o estómago do porco recheo de costelas adubadas,
afumado e que se consume cocido, está acadando un gran recoñecemento
e difusión fóra das terras valdeorresas.
A
festa comezará ás 13:00 horas coa recepción dos comensais e a
continuación a comida na que os entrantes serán a tradicional sopa
do cocido e a típica empanada de maravallas. O prato principal terá
ao botelo como protagonista, acompañado de cachelos, chourizos e
verdura. Para a sobremesa haberá bica e a torta de roxóns, ademais
dun grupo musical para amenizar a tarde. Para acompañar a comida do
botelo estarán os viños da DO Valdeorras.
O xantar custa 30 € por
persoa e as reservas xa se poden facer mediante o pago nun número de
conta que o restaurante ten aberto. Aqueles que vaian en grupo
deberían especificar o nome do grupo ao que pertencen para poder
organizar as mesas.
Esta
Festa de Interese
Turístico de Galicia
dende o ano 2014 celebrou o pasado día 20 de xaneiro a súa décimo
oitava edición na vila do Barco. Agora continúa a súa promoción
fóra das terras valdeorresas e ademais da comida na Coruña, xa se
está preparando outra en Vigo na súa IV edición para o día 3 de
marzo.
Todas
as actividades atópanse especificadas na web www.festabotelo.es
DATOS
DO BOTELO : O
botelo consistente no recheo do estómago do porco con costelas
adubadas e posteriormente afumado, que se consume cocido, conta con
protección como Indicación Xeográfica Protexida dende o 2009. No
2014 a Festa do Botelo do Barco foi declarada como Festa de Interese
Turístico de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario