Concurso
de Carteis da XXII Festa do Melindre e da Repostaría da Terra de
Melide
A
Concellaría de Promoción Económica e Turismo, encabezada por
Santos López, saca por segundo ano o concurso de carteis
anunciadores da Festa do Melindre, que terá lugar como é habitual o
2.º domingo do mes de maio.
A
temática será o melindre e a repostaría tradicional da Terra de
Melide. Os aspirantes ao premio deberán ter en conta a festa que
trata de anunciar: XXII Festa do Melindre e da Repostaría
tradicional da Terra de Melide, facendo especial fincapé nos
produtos homenaxeados: melindres, ricos e amendoados.
Poderán
participar no concurso os maiores de 16 anos co número de traballos
que desexen, sempre que estes sexan orixinais e non premiados con
anterioridade. A técnica a empregar será libre (óleo, acuarela,
debuxo artístico, fotografía, collage…) e o prazo para a entrega
de obras remata o venres 5 de abril.
Outorgarase
un único premio dotado economicamente con 300 €.
Pode
consultar a totalidade das bases na páxina web do Concello de Melide
www.concellodemelide.org
ou ben chamando directamente ao 981505003.
No hay comentarios:
Publicar un comentario