A
CORUÑA GOZARÁ COS VIÑOS DO RIBEIRO DO
26
DE DECEMBRO AO 5 DE XANEIRO CON RIBEIRO DE COPAS
Doce
establecementos da cidade ofrecerán viños do Ribeiro e permitirán
participar en promocións especiais, como sorteos e agasallos
directos
A
presentación da campaña será o xoves 26 de decembro, ás 11:00
horas, no De Market Vinoteca
O
C.R.D.O. Ribeiro e os seus viños chegarán á cidade Coruña para
celebrar unha nova edición da campaña Ribeiro de Copas.
Do 26
de decembro ao 5 de xaneiro, un total de 12 destacados
establecementos da cidade ofrecerán unha ampla gama de viños de 15
adegas da Denominación de Orixe Ribeiro para degustar en copa ou
botella, e todos os clientes que gocen con eles participarán en
promocións especiais.
Outros
atractivos para os clientes serán os agasallos directos ou os
sorteos de estancias de turismo na Ruta do Viño do Ribeiro, cunha
completa fin de semana chea de actividades en torno aos viños e a
oferta lúdica ribeirá
A
listaxe de establecementos coruñeses
que serán escenario do Ribeiro de Copas 2013 fórmana O’ Delito,
Celeiro, Alma Negra, Tapa Negra, De María, Vinoteca Jaleo, Culuca,
De Market Vinoteca, O Cabo, O Lagar de José, Taberna O’Secreto e O
Secreto and Hemingway. Neles, os consumidores poderán descubrir unha
ampla gama de viños e elaboracións da Denominación.
As
adegas participantes
son Nairoa, Viña da Cal, Casal de Armán, Pazo Casanova, Coto de
Gomariz, Cuñas Davia, Bodegas Alanís, Bodegas O’ Ventosela, Terra
do Castelo, Francisco Fernández, Bodegas Val de Souto, Genus de
Vinum, Vilerma, Viña Costeira e Viña Mein.
Nas
xornadas de xoves a sábado, un grupo de sumilleres convidados
achegaranse aos distintos locais para introducir aos consumidores nos
diferentes viños. Unha das súas funcións será espertar a
curiosidade e descubrir novas marcas e novos matices nos viños da
Denominación de Orixe.
Os
sumilleres convidados serán Mercedes González, María Ferreiro, Ana
López e Laura Gaioso, que serán as encargados de ofrecer e explicar
as características dos ribeiros brancos e tintos nos distintos
locais participantes.
A
presentación da campaña
terá lugar ás 11.00 horas do xoves 26 de decembro o establecemento
De Market Vinoteca, e estará encabezada por Miguel Ángel Viso
Diéguez, presidente do Consello Regulador.
Viños da D.O. Ribeiro que se ofrecen en
cada local participante
Jaleo
Vinoteca
(Galera, 43): Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo
Treixadura, Val de Souto, Vilerma (xoves 26 de decembro de 20.00 a
23.00 horas) e Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña
e Terra Minei (xoves 2 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).
Celeiro
(Franja,
41-43): Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña, Terra
Minei (xoves 26 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Alberte, Alter,
Versatus, Viña Costeira e Viña Mein (xoves 2 de xaneiro de 20.00 a
23.00 horas).
O
Cabo (Picavia,
2): Alberte, Alter, Versatus, Viña Costeira, Viña Mein (xoves 26 de
decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Casal de Armán, Casanova, Cuñas
Davia, Gran Leiriña e Terra Minei (venres 3 de xaneiro de 20.00 a
23.00 horas).
Alma
Negra (Barrera,
11): Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val
de Souto, Vilerma (xoves 26 de decembro de 20.00 a 23.00 horas- Mercedes González) e
Alberte, Alter, Versatus, Viña Costeira e Viña Mein (sábado 4 de
xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).
Tapa
Negra (Barrera,
32): Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña e Terra
Minei (venres 27 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Coto de
Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto,
Vilerma, (xoves 2 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).
O'
Delito (Tabares,
1): Alberte, Alter, Versatus, Viña Costeira e Viña Mein (venres 27
de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Casal de Armán, Casanova,
Cuñas Davia, Gran Leiriña e Terra Minei (sábado 4 de xaneiro de
20.00 a 23.00 horas).
Taberna
O’ Secreto
(Alameda, 18): Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo
Treixadura, Val de Souto, Vilerma (venres 27 de decembro de 20.00 a
23.00 horas- Mercedes González) e Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña
e Terra Minei (sábado 4 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas- Mercedes González).
O
Lagar de José
(Posse, 25): Alberte, Alter, Versatus, Viña Costeira e Viña Mein
(venres 27 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Coto de Gomariz,
Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto ou Vilerma
(sábado 4 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).
De
María (Olmos,
2): Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña e Terra
Minei (sábado 28 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Alberte,
Alter, Versatus, Viña Costeira, Viña Mein (venres 3 de xaneiro de
20.00 a 23.00 horas- Mercedes González).
De
Market Vinoteca
(Payo Gómez, 12): Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran
Leiriña, Terra Minei (sábado 28 de decembro de 20.00 a 23.00 horas)
e Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de
Souto ou Vilerma (venres 3 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).
O’
Secreto & Hemingway
(María Pita, 3): Alberte, Alter, Versatus, Viña Costeira, Viña
Mein (sábado 28 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Coto de
Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto e
Vilerma (xoves 2 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas- Mercedes González).
Culuca
(Avda. Arteixo 10): Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo
Treixadura, Val de Souto e Vilerma (sábado 28 de decembro de 20.00 a
23.00 horas- Mercedes González) e Alberte, Alter, Versatus, Viña Costeira e Viña Mein
(venres 3 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).
No hay comentarios:
Publicar un comentario