Unha edición máis desta cata do solsticio do inverno que xa ven sendo unha tradición no seno deste colectivo cultural. Un colectivo que comenzou coas clases de baile tradicional e foi medrando coa escuela de música, baile de salón, ximnasia, actividades para maiores, talleres de distintas tipoloxias para os máis pequenos, intercambios culturais con outros colectivos e coma non podía ser doutro xeito coa cultura do viño a lo menos unha vez o ano coa organización desta cata de nadal aproveitando que Mercedes como o anuncio do turrón volve a sua casa (a lo menos con tempo) polo nadal.
cando: o luns 23 do nadal as 20,30 h
onde: Restaurante Canario de Chapela
Unha cata que este ano centrarase nas castes , dun xeito moi especial nas ancestrais galegas : godello, treixadura, albariño,................ e de seguro haberá un recuncho para algunha foránea.
Neste cursiño de cata ademáis de disfrutar do viño trátase de recaudar axuda para esta asociación que ten que soportar o aluguer dunha sede social, ir arranxando a infraestructura do mesmo e intentar ampliar os seus traxes que como ben sabedes son costosos, ademáis de facer pagos os monitores pertinentes.
Se queres axudar xa podes inscribirte en frolesmareliñas@hotmail.es ou consúltalo a través da sua páxina do Facebook Froles Mareliñas.
Sinalar tamén a colaboración do Restaurante o Canario de Chapela que sempre está ahí para axudar a Froles Mareliñas, xa o fixeron os país e agora ahí está o relevo xeracional.
A dirección da cata: Mercedes González , presidenta As. Sumilleres Galicia Gallaecia e do clube de cata lucense Vitislucus, directora Técnica da revista Diario de Vinos.com e do programa de radio De Tal Cepa Tal Vino da Gastroradio.com e membro da AEPEV e FIJEV (Asociación nacional e internacional de periodistas e escritores do viño).
Sinalar que xa confirmou a sa colaboración con viños a adega Terra do Castelo do Ribeiro e de seguro se sumarán outras inda por confirmar
No hay comentarios:
Publicar un comentario