22
produtores da marca Excelencia participarán nun salón gastronómico na cidade de
Ourense
O Salón Gastronómico de Produtos de
Excelencia da Eurorrexión celebrarase os días 17 e 18 de outubro na Praza de
Pontevedra (Ourense)
O Centro de
Promoción de Produtos Tradicionais do Eixo Interior, xestionado polo Concello
do Barco, organizará un Salón
Gastronómico de Produtos de Excelencia da Eurorrexión en Ourense. A cita será os próximos días 17 e 18 de
outubro na Praza de Pontevedra da cidade ourensá e co obxetivo de dar a coñecer
os produtos que se elaboran baixo a marca Excelencia. Trátase dunha das
feiras incluídas no proxecto do CPT para este ano, e supón un paso adiante nas
actividades que se veñen facendo dende hai 4 anos grazas a un proxecto europeo
impulsado polo Eixo Atlántico.
No salón
participarán 10 adegas, 3 empresas de repostería, 3 queixerías, 1 de embutidos,
1 de mel, 1 de aceites e 3 de produtos do campo. Todas elas estarán ofrecendo
os seus produtos en venda e degustación nun recinto feiral cuberto con carpa e
con 20 stands, xa que hai algúns produtores que compartirán espazo por petición
expresa dos mesmos.
O Salón
gastronómico terá un horario de apertura ao público pola mañá de 11 a 14 horas
e pola tarde de 17 a 21 horas, os dous días. Ademais da degustación e venta dos
produtos na tarde do sábado 17, ofrecerase unha cata pública dos viños que
estarán presentes no evento. A cata estará dirixida pola sumiller profesional,
Mercedes González.
Nestes
momentos, o Centro de Produtos Tradicionais conta con 43 empresas de Galicia e
Portugal adheridas á marca Excelencia. Viños, conservas, mel, bicas, aceite,
embutidos, pans e queixos son algúns dos produtos cos que se conta baixo esta
marca que ampara a súa calidade.
Alcalde do Barco e concelleir de turismo na presentación do salón
No hay comentarios:
Publicar un comentario