Inicio oficial de vendima
na D.O. Ribeira Sacra
O pleno do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra
fixa como data recomendada para o inicio xeneralizado da vendima na
Denominación de Orixe o 19 setembro,
prolongándose previsiblemente a recollida da uva ata mediados do mes de
outubro.
O martes, 27 de
agosto iniciábanse os controis de maduración nas viñas,
o que permitiu determinar o estado da uva e definir a data oficial para o
inicio da vendima nesta campaña.
O 28 de agosto, o
estado óptimo de madurez da uva nalgunhas parcelas da zona de Amandi fixo que Adega Damm S.L.
comezase cos labores de recollida da uva, principalmente da variedade Godello.
As condicións
climatolóxicas adecuadas, o estado sanitario óptimo das uvas e a gradación
debida fan pensar nunha colleita excelente e superior aos 7 millóns de quilos
de uva.
Nesta campaña
elaborarán viño baixo o amparo da Denominación de Orixe 99 adegas das que a data 8 de setembro, 11 estaban en vendima, 6
téñena paralizada e 1 xa finalizou. Levan recolidos 84.570 quilos, maioritariamente Godello con 36.267 quilos e Mencía con 29.784 quilos. Na web do C. R.D.O.R.S.
contarase diariamente cos datos de recollida actualizados por variedades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario