A
D.O. Ribeira Sacra chega á data recomendada para iniciar a vendima con 723.204
quilos de uva recollidos
O xoves, día 19
de setembro, é a data que a D.O. Ribeira Sacra marcou como data recomendada
para o inicio xeneralizado da vendima.
Ao 18 de setembro
e despois de que varias adegas decidisen iniciar os traballos de vendima, desde
o día 28 de agosto, recolléronse 723.204 quilos de uva. A maior parte
corresponde a Mencía con 451.210 quilos
e Godello con 156.086 quilos. Do resto de
variedades lévanse recollido:
Variedades tintas
·
Brancellao 6.013 kilos
·
Merenzao 16.005 kilos
·
Caíno 14.420 kilos
·
Grao Negro 1.400 kilos
·
Garnacha 10.068 kilos
·
Mouratón 343 kilos
·
Sousón 5.144 kilos
·
Tempranillo 15.959
kilos
Variedades blancas
·
Albariño 34.400 kilos
·
Blanco Legítimo 60
kilos
·
Dona Branca 2.292 kilos
·
Loureira 463 kilos
·
Torrontés 1.852 kilos
·
Treixadura 7.489 kilos
Das 98 adegas que está previsto que vendimien ao amparo da D.O. Ribeira Sacra nesta campaña, 33 están a realizar labores de vendima, 19 téñena paralizada e 4 xa terminaron. Polo tanto son 42 adegas as que aínda non iniciaron os traballos de recollida.
As previsións son
que entre hoxe e mañá comece cos traballos de vendima un volume importante de
adegas. Espérase que despois desta fin de semana se supere o millón de quilos
de uva. As choivas e episodios puntuais de tormenta que tivemos nesta última
semana non afectaron ás viñas e continúa a normalidade na
Denominación. A uva que está a entrar en adega segue nun estado sanitario
óptimo e as condicións meteorolóxicas están a ser moi favorables polo que a
previsión segue sendo superar os 7 millóns de quilos de uva nesta campaña.
Desde hoxe, a web
do C.R.D.O.R.S.
ofrecerá diariamente os datos de recollida actualizados por variedades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario