Pois non, ainda non rematara a vendima en Ribeira Sacra!!!!
A
D.O. Ribeira Sacra finaliza, despois de 51 días, a súa vendima máis produtiva
Este venres, 18 de
outubro, entraron en adega as últimas uvas recollidas na D.O. Ribeira Sacra
nesta campaña, o que dá por finalizada a
campaña oficialmente. Este ano as condicións climatolóxicas foron
favorables e o 8 de outubro superábanse os 7 millóns de quilos de uva previstos
para esta vendima. A día de hoxe, cando todas as adegas terminaron coa
recollida de uva, os datos de quilos de uva por variedade son os seguintes, superando os 6 millóns de quilos da
variedade Mencía:
Variedades tintas:
- Mencía:
6.000.233 k
- Brancellao: 49.405 k
- Merenzao: 62.842 k
- Caíño:
30.920 k
- Grao Negro: 2.057 k
- Garnacha: 388.306 k
- Mouratón: 11.656 k
- Sousón: 109.183 k
- Tempranillo: 62.217 k
Variedades
brancas:
- Albariño:
71.125 k
- Branco
lexítimo 3.420 k
- Doa Branca: 5.648 k
- Godello: 422.886 k
- Loureira: 2.605 k
- Torrontés: 3.675 k
- Treixadura: 36.653 k
TOTAL DE KGS RECOLLIDOS: 7.262.831
A vendima do 2019
convértese así na máis abondosa na D.O.
Ribeira Sacra ata a data, despois de rozar no 2011 os 7 millóns de quilos;
e supérase en case 1.100.000 quilos á pasada campaña.
O Presidente do C.R.D.O.R.S., José
Manuel Rodríguez, mostra a súa satisfacción pola
cantidade e a calidade desta colleita, “Estamos satisfeitos porque hai
cantidade e calidade. Nesta ocasión non houbo ningún problema de xeadas, nin pedrisco, nin tivemos unha primavera complicada como ocorreu
nos últimos anos. Houbo en xeral máis uva e de moi boa calidade e as adegas
estaban esperándoa porque a necesitan para o mercado. A D.O. Ribeira Sacra
vende toda a súa produción, polo tanto, as adegas teñen mercado para este viño.
Terminamos unha campaña na que todo transcorreu con normalidade, subimos de
media un 10% na produción con respecto á media dos últimos anos e tamén subimos
un 10% no prezo, xa que a uva pagouse a 1,20 €. “
Ademais de ser a
vendima máis abundante da historia da D.O. Ribeira Sacra, esta campaña
converteuse tamén na de maior duración.
A data recomendada para o inicio da vendima era o 19 de setembro, pero o 28 de
agosto abría a vendima a primeira adega e este 18 de outubro entraban en adega
as últimas uvas, produto da vendima
heroica.
Coa vendima
terminada, a D.O. Ribeira Sacra
prepárase agora para acoller, entre o 24 e o 26 de outubro, a XXIV Asemblea
Xeral da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), encontro que
achegará á Ribeira Sacra ao 98% do sector do viño con Denominación de Orixe en
España.
Le D.O. Ribeira Sacra finalise, après 51 jours, la récolte de Sa
Cette venres, Octobre 18, Entraron en cave Les derniers raisins récoltés dans le D.O. Ribeira Sacra dans cette campaa, qui donne le officiellement finalisé de la Campaa. Cette année, le climatolôxic Foron Desnudas et le 8 Octobre superbanse Les 7 millions de livres de raisin prévu pour cette vendima. Le jour de Hoxe, jouant tous les caves Terminaron CoA recueilli raisins, les datos de livres de raisin par fils de variété le suivant, dépassant les 6 millions de livres de la variété Mencàa:
Variedades tintas:
- Mencía: 6.000.233 k
- Brancellao: 49.405 k
- Merenzao: 62.842 k
- Caíño: 30.920 k
- Grao Negro: 2.057 k
- Garnacha: 388.306 k
- Mouratón: 11.656 k
- Sousón: 109.183 k
- Tempranillo: 62.217 k
Variedades brancas:
- Albariño: 71.125 k
- Branco lexítimo 3.420 k
- Doa Branca: 5.648 k
- Godello: 422.886 k
- Loureira: 2.605 k
- Torrontés: 3.675 k
- Treixadura: 36.653 k
TOTAL DE KGS RECOLLIDOS: 7.262.831
La récolte de la 2019 Convértese Asa dans l'abondosa mater dans le D.O. Ribeira Sacra ata La date, après Rozar en 2011 les 7 millions de livres; et Supérase en cas 1,1 million de kilos - pasada campaa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario