M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa
Mostrando entradas con la etiqueta Xornadas Portas Abertas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xornadas Portas Abertas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de abril de 2022

XI XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DE VALDEORRAS 2022. INSCRÍBETE XA NAS SUAS ACTIVIDADES

 


Os formularios para os que queiran tomar parte nas diferentes actividades que se promoverán poden cubrise online na web rutadelvinovaldeorras.com ou a través dos perfís de Facebook e Instagram da asociación 

 O Barco de Valdeorras (Ourense), 27 de abril de 2022.- O prazo de inscrición para participar nas diversas accións que se desenvolverán ao abeiro das XI Xornadas de Portas Abertas da Ruta dos Viños de Valdeorras ábrese este mércores, 27 de abril. Os interesados e interesadas en asistir ás diferentes actividades que se porán en marcha poden inscribirse xa nos formularios habilitados ao respecto na páxina web https://www.rutadelvinovaldeorras.com/ ou nos perfís de Facebook e Instagram da asociación. 

 Visitas a adegas, posta en valor de itinerarios e rutas ligadas ao viño na comarca, actividades de ligazón entre o eido da pizarra valdeorresa e o do viño, maridaxe entre viño e música, catas e túneles do viño, entre outras accións, desenvolveranse na fin de semana dos 27, 28 e 29 de maio en diferentes enclaves de Valdeorras no marco da tradicionais xornadas de portas abertas promovidas dende a Axencia de Turismo de Galicia, organismo que financia esta acción. 




 Presentación o 2 de maio A iniciativa será presentada oficialmente en Santiago o vindeiro 2 de maio e durante a próxima semana levaranse a cabo accións promocionais de street marketing nas sete cidades principais de Galicia coa finalidade de espertar o interese do público e atraer visitantes aos diferentes territorios amparados que celebran as súas xornadas de portas abertas. 

 O 5 de maio, ademais, levarase a cabo unha acción promocional específica dos buses do viño que, procedentes da Coruña, Santiago, Vigo, Ourense e Ponferrada achegarán visitantes ás xornadas de portas abertas nos días 28 e 29 de maio. 

 Intensa campaña promocional No caso de Valdeorras, a Ruta do Viño desenvolverá unha intensa campaña promocional en medios de comunicación e redes sociais para favorecer a chegada de visitantes. Ao mesmo tempo, estase a involucrar ao tecido empresarial e hosteleiro da comarca onde se distribuirán folletos con mapas e carteis das xornadas.

 Para información adicional: info@rutadelvinovaldeorras.com








domingo, 22 de mayo de 2016

Valdeorras amplía as Xornadas de Portas Abertas ao público de  Lugo cidade con transporte de balde


O punto de partida será a Estación de Autobuses,o domingo 29,  ás 10 da mañá
A V edición das Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia, que organiza a Axencia de Turismo de Galicia celebrase na comarca de Valdeorras os días 28 e 29 de maio. 8 adegas, dous aloxamentos, dous restaurantes e unha empresa de turismo activo  pertencentes á Ruta do Viño valdeorresa participan nestas xornadas nas que a base son as visitas gratuítas ás adegas, prezos especiais nos aloxamentos e menús preparados para esta actividade. A todo isto engadíuselle o transporte tamén de balde para poder visitar as adegas durante a fin de semana. Este ano haberá 4 minibuses na ruta do sábado e cada un deles visitará dúas das oito  adegas dispoñibles. O domingo, como novidade,  o transporte de balde partirá das cidades de Ponferrada e Lugo para atraer visitantes desas dúas localidades ás adegas e restaurantes participantes.
Domingo 29 : Autobús gratuíto dende  Lugo
 O domingo, como novidade este ano,  o transporte  gratuíto tamén partirá dende as cidades de Ponferrada e Lugo para atraer visitantes destas dúas localidades. Os visitantes de Lugo terán como  punto de recollida a Estación de Autobuses ás 10 da mañá. As adegas que visitarán será O Cepado en Rubiá e A Coroa en A Rúa. En cada unha delas  ofrecerán un pincho e un viño a cada visitante tamén de forma gratuíta. Ao mediodía os participantes na visita poderán escoller para comer os menús especiais de Portas Abertas que ofrecen os tres restaurantes da Ruta (Piquiño, Pazo do Castro e Mesón Museo) e para os que terán que realizar reserva. A volta farase ao redor das 5 da tarde con parada no punto inicial  de recollida.
No caso da cidade de Ponferrada, partirán ás 11 da mañá da Praza Fernando Miranda. Visitarán as adegas Roandi no Barco e  Joaquín Rebolledo en A Rúa. A comida poderán facela nos mesmos restaurantes da Ruta se o desexan e previa reserva.
As reservas das prazas nos autobuses gratuítos poden facerse chamando ao 619086326 ou enviando un correo a valdeorrasesvino@gmail.com.


·        Transporte gratuíto para visitar as adegas o sábado 28 dentro da comarca
A actividade principal, que se prolongará durante toda a fin de semana, será a visita de balde ás 8 adegas da Ruta deste ano. Os adegueiros abrirán as súas portas e ofrecerán pinchos e un viño por persoa sen cobrar nada aos visitantes. Este ano haberá 4 minibuses na ruta do sábado e cada un deles visitará dúas das oito  adegas dispoñibles en horario de mañá e tarde. Os visitantes tamén  terán a oportunidade de coñecer as adegas desprazándose pola súa conta a calquera delas dentro dos horarios marcados ás 11:30 horas, 13 horas e 18 horas. E o domingo abrirán para visitas ás 12 horas.
·        III  Festa portas abertas no Barco o día 28 de maio
O programa deste ano mantén a festa de portas abertas  que se celebrará de 19:30 a 21:30 horas no Paseo do Malecón do Barco. Alí os visitantes poderán degustar os viños das adegas a un prezo especial de 1´5 €/copa  mentres escoitan a música do grupo valdeorrés Los Iñigos e degustan pinchos elaborados polos restaurantes da Ruta, tamén a 1´50 € cada un. Esta festa conta coa colaboración do Concello do Barco para a súa organización igual que nos anos anteriores.
Por outra parte, este ano outra das novidades son as rutas con prezo especial que ofrece unha empresa de turismo activo na zona do Bolo durante toda a fin de semana.
·        Participantes nas Xornadas de Portas Abertas Valdeorras
 Adegas: Joaquín Rebolledo, A Coroa, Alan de Val, Godeval, Roandi, Virxe de Galir, O Cepado e O Casal
Establecementos hostaleiros: Mesón Museo, Pazo do Castro, Piquiño , Casa Rural Pacio do Sil
Empresa turismo activo: Celavente Multiaventura

O programa completo poden atopalo no blog: somosvaldeorras.blogspot.com
CALQUERA DÚBIDA OU ENTREVISTA PODE CHAMAR A: 619086326 (Soledad Figueroa).


Ou Mercedes González, sumiller que acompañará no desprazamento   689292675