O punto de
partida será a Estación de Autobuses,o domingo 29, ás 10 da mañá
A V edición das Xornadas de Portas Abertas das Rutas do
Viño de Galicia, que organiza a Axencia de Turismo de Galicia celebrase na comarca
de Valdeorras os días 28 e 29 de maio. 8
adegas, dous aloxamentos, dous restaurantes e unha empresa de turismo activo
pertencentes á Ruta do Viño valdeorresa
participan nestas xornadas nas que a base son as visitas gratuítas ás adegas, prezos especiais nos aloxamentos e
menús preparados para esta actividade. A todo isto engadíuselle o transporte tamén de balde para poder
visitar as adegas durante a fin de semana. Este ano haberá 4 minibuses na
ruta do sábado e cada un deles visitará dúas das oito adegas dispoñibles. O domingo, como novidade, o transporte de balde partirá das cidades de
Ponferrada e Lugo para atraer visitantes desas dúas localidades ás adegas e
restaurantes participantes.
Domingo 29 :
Autobús gratuíto dende Lugo
O domingo, como
novidade este ano, o transporte gratuíto tamén partirá dende as cidades de
Ponferrada e Lugo para atraer visitantes destas dúas localidades. Os visitantes de Lugo terán como punto
de recollida a Estación de Autobuses ás 10 da mañá. As adegas que visitarán
será O Cepado en Rubiá e A Coroa en A Rúa. En cada unha
delas ofrecerán un pincho e un viño a
cada visitante tamén de forma gratuíta. Ao mediodía os participantes na visita
poderán escoller para comer os menús especiais de Portas Abertas que ofrecen os
tres restaurantes da Ruta (Piquiño, Pazo
do Castro e Mesón Museo) e para os que terán que realizar reserva. A volta
farase ao redor das 5 da tarde con parada no punto inicial de recollida.
No caso da cidade
de Ponferrada, partirán ás 11 da mañá da Praza Fernando Miranda. Visitarán as adegas Roandi no Barco e Joaquín
Rebolledo en A Rúa. A comida poderán facela nos mesmos restaurantes da Ruta
se o desexan e previa reserva.
As reservas das prazas nos autobuses gratuítos poden
facerse chamando ao 619086326 ou enviando un correo a valdeorrasesvino@gmail.com.
·
Transporte
gratuíto para visitar as adegas o sábado 28 dentro da comarca
A actividade principal, que se prolongará durante toda a
fin de semana, será a visita de balde ás 8
adegas da Ruta deste ano. Os adegueiros abrirán as súas portas e
ofrecerán pinchos e un viño por persoa sen cobrar nada aos visitantes. Este ano
haberá 4 minibuses na ruta do sábado e cada un deles visitará dúas das
oito adegas dispoñibles en horario de
mañá e tarde. Os visitantes tamén terán
a oportunidade de coñecer as adegas desprazándose pola súa conta a calquera
delas dentro dos horarios marcados ás 11:30 horas, 13 horas e 18 horas. E o
domingo abrirán para visitas ás 12 horas.
·
III Festa portas abertas no Barco o día 28 de maio
O programa deste ano mantén a festa de portas
abertas que se celebrará de 19:30 a 21:30 horas no Paseo do Malecón
do Barco. Alí os visitantes poderán degustar os viños das adegas a un prezo
especial de 1´5 €/copa mentres
escoitan a música do grupo valdeorrés Los
Iñigos e degustan pinchos
elaborados polos restaurantes da Ruta, tamén
a 1´50 € cada un. Esta festa conta coa colaboración do Concello do Barco para a súa organización igual que nos anos
anteriores.
Por outra parte, este ano outra das novidades son as
rutas con prezo especial que ofrece unha empresa de turismo activo na zona do
Bolo durante toda a fin de semana.
·
Participantes nas Xornadas de Portas
Abertas Valdeorras
Adegas: Joaquín Rebolledo, A Coroa, Alan de Val,
Godeval, Roandi, Virxe de Galir, O Cepado e O Casal
Establecementos
hostaleiros: Mesón
Museo, Pazo do Castro, Piquiño , Casa Rural Pacio do Sil
Empresa
turismo activo: Celavente
Multiaventura
O programa completo poden atopalo no blog:
somosvaldeorras.blogspot.com
CALQUERA DÚBIDA OU ENTREVISTA PODE
CHAMAR A: 619086326 (Soledad Figueroa).
Ou Mercedes González, sumiller que acompañará no desprazamento 689292675
No hay comentarios:
Publicar un comentario