M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

viernes, 25 de enero de 2019

A VITICULTURA GALEGA ANTE A ENCRUCILLADA DO 2030


A VITICULTURA GALEGA ANTE A ENCRUCILLADA DO 2030
A Asociación Galega de Viticultura organiza unhas xornadas onde o prato forte son as castes  autóctonas e o que está por chegar de cara a 2030. Este será o programa:
 9h45 Apertura da xornada
Xurxo Álvarez, Presidente da Federación Rural Galega – FRUGA.
 10h00 Castes autóctonas e híbridos
Riscos e oportunidades para as castes autóctonas galegas fronte á situación de
futuro creada no cultivo da vide coa proposta da Comisión Europea de modificar a
lexislación vixente para permitir que as DO poidan elaborar viño a partir de híbridos
entre variedades vitis vinífera e outras vitis.
 Poñentes:
María del Carmen Martínez, Directora do Grupo de Viticultura na Misión
Biolóxica de Galicia (CSIC); Francisco Rego. Técnico retirado da Estación de
Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA); Xosé Manuel Vilas. Enxeñeiro
Agrónomo. Membro da AGV.
 10h45 As novas elaboracións e a súa integración nas zonas protexidas
A evolución do mercado do viño, a aparición de novos gustos nos consumidores e
a incorporación de xente nova á elaboración leva a que se estean desenvolvendo
elaboracións novidosas e tradicionais, tanto na fórmula como con castes non
desenvolvidas economicamente na actualidade, fai necesario abrir o debate sobre
as potencialidades da incorporación destes novas elaboracións nos pregos de
prescricións nas zonas protexidas (DO e IXP).
 Poñentes:
Joaquín Sánchez. Responsable da Adega Alan de Val (DO Valdeorras), e
presidente da Ruta do Viño de Valdeorras; Roberto Regal. Enólogo e
responsable da adega Roberto Regal López (DO Ribeira Sacra); José Crusat.
Responsable na adega Entre os Ríos (IXP Barbanza e Iria).
 11h30 Descanso
 11h50 As DO e as IXP galegas perante os retos do 2030
Retos das zonas protexidas (DO e IXP) fronte á proposta da Comisión Europea de
modificacións na lexislación vixente (cambios na definición das DDOO, creación de
categorías de viños desalcoholizados, teitos no potencial produtivo, etc), e a
modificación da PAC coa liberalización das plantacións para o ano 2030.
 Poñentes:
Ramón Huidobro. Secretario Xeral da DO Rías Baixas.; Jose Luís García
Pando. Presidente do CR da DO Valdeorras, e responsable da adega Adega o
Casal, S.A.T.; Xosé Antonio Meixide. Profesor e Xefe de Explotación no Centro
de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (CFEA). Impulsor da
IXP Terra de Betanzos; Xosé Manuel Puga. Técnico en Desenvolvemento Rural
no GDR 10 Limia-Arnoia.
 13h20 Peche da Xornada
Roberto Rivas, Presidente da Asociación Galega de Viticultura – AGV.
Socio da Cooperativa Moraima (DO Rías Baixas).
 14h00 Xantar
Ao remate da xornada terá lugar un xantar no restaurante do Pazo da Cultura. O
prezo será de 15,00 euros para todas as persoas que queiran participar, para o
que se fai imprescindíbel anotarse previamente no enderezo electrónico:
frugaagv@gmail.com ou nos teléfonos: 618.87.82.81 / 610.59.21.41, sendo a data
tope o día 23 de xaneiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario