M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

miércoles, 2 de diciembre de 2020

Que Ribeira Sacra sexa o viño que bebes este Nadal

 



A D.O. Ribeira Sacra prepara a campaña a desenvolver en decembro e xaneiro, “Ribeira Sacra, o viño deste Nadal”. A iniciativa era presentada esta tarde na sede do C.R.D.O.R.S., por parte do Presidente, José Manuel Rodríguez e o representante da comisión de promoción da D.O., Víctor Manuel Rodríguez.

 

Despois dun ano tan difícil do que o sector do viño non se librou, desde a D.O. Ribeira Sacra queren conseguir mellorar resultados cun importante esforzo promocional neste Nadal, “Buscamos que a xente brinde con viño da D.O. Ribeira Sacra nas reunión familiares deste Nadal, pode ser un bo momento para dar saída ao viño que este ano non se vendeu, principalmente polas restricións á restauración e hostalería. Queremos mellorar as vendas e para iso tentaremos chegar á xente con diferentes propostas nos medios e nas redes sociais,” sinala José Manuel Rodriguez.



 

Ribeira Sacra, O Viño deste Nadal:

 

·         O C.R.D.O.R.S. organiza catas virtuais impartidas por Mercedes González Rodríguez que se desenvolverán por streamig (Zoom, Youtube, Facebook, Instagram) os xoves 10 e 17 de decembro a partir das 19.00 horas.

Para estas catas cataranse 41 referencias de 20 adegas. Nestes dous días de decembro catarase unha representación de todas as adegas participantes e en xaneiro faranse dúas novas catas co resto de referencias.

Previo a cada cata, informarase de cales son os viños participantes para que as persoas interesadas poidan adquirilos en adega, tendas especializadas, supermercados ou a través de internet. Os vídeos desas catas en directo quedarán despois colgados nas diferentes redes.

 

·         De que che gusta acompañar o teu Ribeira Sacra? Concurso de fotografías que comezou o 1 de decembro en Facebook e que se prolongará ata o 15 de decembro.

Durante a primeira quincena de mes a D.O. Ribeira Sacra quere coñecer de que lle gusta acompañar os seu viños ao consumidor, unha comida especial, unha persona, unha película, unha paisaxe, un lugar, unha afección,…

 

As fotografías, que se enviarán por Whatsapp ao teléfono 647 59 57 47, deben incluír, como único requisito, unha botella dun viño da D.O. Ribeira Sacra e o   acompañamento preferido para ese viño. As 3 fotos que máis “Me gusta” reciban en Facebook obterán premios vinculados ao viño e ao enoturismo. O mércores, 16 de decembro, publicaranse os gañadores.

 

·         Vídeos de brinde de felicitación das adegas para amosar a unidade do sector e confianza nun futuro mellor nestas datas tan significativas. “Nos momentos nos que estamos, queremos trasladar unha imaxe de unión, de compartir traballo, esforzos e esperanza. Cando a cercanía parece prohibida, faise fundamental xerar confianza e cercanía e a forma que escollemos, é poñerlle cara ás adegas,” destacaba José Manuel Rodríguez. O obxectivo é ter presencia dos viños da D.O. en redes sociais durante todo decembro e ata pasado o Nadal.

 

·         Presencia en medios de comunicación. Para reforzar a mensaxe, Que Ribeira Sacra sexa o viño deste Nadal, ademais da presencia en redes, será fundamental tamén a presencia nos medios tanto a nivel informativo como publicitario. Ademais das informacións puntuais de cada actividade, realizouse un especial en La Región e colabórase coa campaña do Grupo El Progreso, “Cocina de olas, cocina de tierra, cocina de todos”.

O maior esforzo, este Nadal, vaise facer para ter presencia en Onda Cero, TVG e na Radio Galega, será a primeira vez que os viños da D.O. Ribeira Sacra teñan presencia como spot en televisión, neste caso cun spot no que afondar na confianza que xera o consumo de viño da D.O. Ribeira Sacra. “Un viño que nace do esforzo e da paixón pola viña e que nos acompaña nos mellores momentos. Que este Nadal sigamos disfrutando de cousas boas, da familia e dos amigos máis achegados. Que atendamos ao noso padal que tamén é do máis cercano e que cunhas boas viandas e bos viños, nos traslademos aos mellores momentos da nosa vida,” desexaba José Manuel Rodríguez.

 

Que Ribeira Sacra sea el vino que bebes esta Navidad

 La D.O. Ribeira Sacra prepara la campaña a desarrollar en diciembre y enero, “Ribeira Sacra, el vino de esta Navidad”. La iniciativa era presentada esta tarde en la sede del C.R.D.O.R.S., por parte del Presidente, José Manuel Rodríguez y el representante de la comisión de promoción de la D.O., Víctor Manuel Rodríguez.

 

Después de un año tan difícil del que el sector del vino no se libró, desde la D.O. Ribeira Sacra quieren conseguir mejorar resultados con un importante esfuerzo promocional estas Navidades, “Buscamos que la gente brinde con vino de la D.O. Ribeira Sacra en las reuniones familiares de esta Navidad, puede ser un buen momento para dar salida al vino que este año no se vendió, principalmente por las restricciones a la restauración y hostelería. Queremos mejorar las ventas y para eso intentaremos llegar a la gente con diferentes propuestas en los medios y en las redes sociales,” señala José Manuel Rodríguez.

 

Ribeira Sacra, El Vino de esta Navidad:

 

• El C.R.D.O.R.S. organiza catas virtuales impartidas por Mercedes González Rodríguez que se desarrollarán por streamig (Zoom, Youtube, Facebook, Instagram) los jueves 10 y 17 de diciembre a partir de las 19.00 horas. Para estas catas se catarán 41 referencias de 20 bodegas. En estos dos días de diciembre se catará una representación de todas las bodegas participantes y en enero se harán dos nuevas catas con el resto de referencias. Previo a cada cata, se informará de cuales son los vinos participantes para que las personas interesadas puedan adquirirlos en bodega, tiendas especializadas, supermercados o a través de internet. Los vídeos de esas catas en directo quedarán después colgados en las diferentes redes.

 

De que te gusta acompañar tu Ribeira Sacra? Concurso de fotografías que comenzó el 1 de diciembre en Facebook y que se prolongará hasta el 15 de diciembre.

Durante la primera quincena de mes la D.O.Ribeira Sacra quiere conocer de que le gusta acompañar sus vinos al consumidor, una comida especial, una persona, una película, un paisaje, un lugar, una afición,… Las fotografías, que se enviarán por Whatsapp al teléfono 647 59 57 47, deben incluir, como único requisito, una botella de un vino de la D.O. Ribeira Sacra y el acompañamiento preferido para ese vino. 

 

 Que la Ribeira Sacra soit le vin que vous buvez ce Noël

 

Après une année si difficile dont le secteur vitivinicole ne s'est pas débarrassé, puisque le D.O. Ribeira Sacra veut obtenir de meilleurs résultats avec un effort promotionnel important ce Noël: «Nous voulons que les gens portent un toast avec du vin de la D.O. Ribeira Sacra lors des réunions de famille ce Noël, cela peut être un bon moment pour vendre le vin qui cette année n'a pas été vendu, principalement en raison des restrictions sur les restaurants et les hôtels. Nous voulons améliorer les ventes et pour cela nous essaierons d'atteindre les gens avec des propositions différentes dans les médias et sur les réseaux sociaux », déclare José Manuel Rodríguez.

Ribeira Sacra, le vin de ce Noël:


  Le C.R.D.O.R.S. organise des dégustations virtuelles enseignées par Mercedes González Rodríguez qui se dérouleront en streaming (Zoom, Youtube, Facebook, Instagram) les jeudi 10 et 17 décembre à partir de 19h00. Pour ces dégustations, 41 références de 20 caves seront dégustées. Au cours de ces deux jours de décembre, une représentation de toutes les caves participantes sera dégustée et en janvier il y aura deux nouvelles dégustations avec le reste des références. Avant chaque dégustation, il sera indiqué quels sont les vins participants afin que les personnes intéressées puissent les acheter à la cave, dans les magasins spécialisés, dans les supermarchés ou sur Internet. Les vidéos de ces dégustations en direct seront postées ultérieurement sur les différents réseaux.


 Qu'aimez-vous pour accompagner votre Ribeira Sacra? Concours photo qui a débuté le 1er décembre sur Facebook et durera jusqu'au 15 décembre.

Pendant la première quinzaine du mois, la DORibeira Sacra veut savoir ce que le consommateur aime pour accompagner ses vins, un repas spécial, une personne, un film, un paysage, un lieu, un hobby, ... Les photographies, qui seront envoyées par WhatsApp au téléphone 647 59 57 47, ils doivent inclure, comme seule exigence, une bouteille de vin DO Ribeira Sacra et l'accompagnement préféré pour ce vin.

No hay comentarios:

Publicar un comentario