Volve a Cata dos Viños de Ribeira Sacra e faino con
84 mostras rexistradas de 32 adegas
O Consello Regulador da
Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebra os días 26 e 27 de maio,
a Precata e Cata dos Viños da Ribeira
Sacra. Para esta edición presentáronse un total de 84 viños pertencentes a
32 adegas: 27 viños tintos, 16 viños brancos e 41 doutras anadas. Con
respecto á última cata, celebrada no 2019, preséntanse 20 viños máis,
destacando o incremento na categoría doutras anadas que pasa de 16 a 41 mostras
inscritas.
Estas son, precisamente, as
tres categorías do certame: Viños Brancos, Viños Tintos e Viños doutras
Anadas. Nas categorías de Brancos e Tintos establécense 3 premios: Medalla
de Ouro, Medalla de Prata e Medalla de Bronce. Na categoría doutras Anadas
establécense 2 Medallas de Ouro, ao superar as 14 mostras participantes.
Técnicos do Consello
Regulador da D.O. Ribeira Sacra recolleron 3 mostras ao azar de entre o stock
das adegas. Este mércores, día 25 de maio, o notario procederá ao embolsado,
precintado e numerado das botellas, que permanecerán convenientemente
custodiadas ata a celebración da Cata.
Os viños cataranse por
series, comezando polos Viños Brancos e terminando cos viños doutras Anadas. O
número máximo de viños seleccionados que pasarán á Cata final será de 10 para a
categoría de Viños Tintos e 6 para as categorías de Viños Brancos e Viños
doutras Anadas,
O panel de cata desta XXVI edición intégrano:
· Ramón
García Bernárdez, Representante
Asociación Galega de Enólogos
·
Mercedes González
Rodríguez, Representante
Vitislucus-Expertos Análise Sensorial e Enoturismo
· Miguel
Ángel Martín, Fundador
portal Enocata.com. Colaborador en publicacións especializadas e programas de
Radio. Xurado en concursos nacionais e internacionais. Vicepresidente da
Asociación Española de Periodistas y Escritores del Vino (AEPEV).
· Jorge Luis Mazaira Pérez, Director
Técnico CRDO Valdeorras.
· Antonio Manuel Magallhaes, Integrante
do Panel de Cata da Denominación de Orixe da Rexión Demarcada do Douro. (Viño
de Douro y Porto)
· Alberto Levi, Asociación Italiana de
Sumilleres
·
José María Martínez
Alonso, Integrante do
Comité de Partes do Consello Regulador.
·
Mª Eugenia Medina
González, Integrante do Panel de Cata do
Consello Regulador.
· Maira Ratón Fernández, Integrante
do Panel de Cata do Consello Regulador.
El Consello Regulador de la Denominación de Origen Ribeira Sacra celebra los días 26 y 27 de mayo, la Precata y Cata de los Vinos de Ribeira Sacra. Para esta edición se han presentado un total de 84 vinos pertenecientes a 32 bodegas: 27 vinos tintos, 16 vinos blancos y 41 de otras añadas. Con respecto a la última cata, celebrada en 2019, se presentan 20 vinos más, destacando el incremento en la categoría de otras añadas que pasa de 16 a 41 muestras inscritas.
Estas son, precisamente, las tres categorías del certamen: Vinos Blancos, Vinos Tintos y Vinos de Otras Añadas. En las categorías de Blancos y Tintos se establecen 3 premios: Medalla de Oro, Medalla de Plata y Medalla de Bronce. En categoría de Otras Añadas se establecen 2 Medallas de Oro, al superar las 14 muestras participantes.
Técnicos del Consello Regulador de la D.O. Ribeira Sacra recogieron 3 muestras al azar de entre el stock de las bodegas. Este miércoles, día 25 de mayo, el notario procederá al embolsado, precintado y numerado de las botellas, que permanecarán convenientemente custodiadas hasta la celebración de la Cata.
Los vinos de catarán por series, comenzando por los Vinos Blancos y terminando con los vinos de Otras Añadas. El número máximo de vinos seleccionados que pasarán a la Cata final será de 10 para la categoría de Vinos Tintos y 6 para las categorías de Vinos Blancos y Vinos de Otras Añadas,
No hay comentarios:
Publicar un comentario