O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra recibiu a visita de Beth Willard, crítica de viños e profesional de ampla traxectoria no sector, quen dedicou catro días a coñecer os viños e as adegas desta Denominación de Orixe.
A visita, que tivo lugar dende o xoves 7 de novembro ata o domingo 10, incluíu
unha cata de 26 viños de diferentes adegas na sede do Consello e un percorrido
por 19 adegas situadas nas distintas subzonas da Ribeira Sacra.
O traballo de Beth
Willard nesta visita enmárcase nas súas actividades como colaboradora da
plataforma do xornalista e crítico Tim Atkin. Cunha carreira de máis de 15 anos
no ámbito dos viños españois, Willard especializouse na cata, avaliación e
análise de viños, e tamén é co-presidenta dos Decanter World Wine Awards,
ademais de colaboradora da revista Decanter. Ademais, realiza presentacións e
catas de viños españois, sendo membro do Gran Orden de Cabaleiros do Viño.
Na súa visita á
Ribeira Sacra, Beth Willard buscou afondar na oferta da D.O. mediante un
exhaustivo percorrido polas adegas e unha cata ampla que lle permitiu recoller
datos e valoracións de interese. Os resultados deste traballo serán publicados
na web de Tim Atkin, unha plataforma que ofrece informes detallados sobre
distintas zonas de viño en España e a nivel internacional. Estes informes,
elaborados por Atkin e os seus colaboradores, considéranse un recurso de
referencia no sector, aportando unha avaliación profesional e actualizada sobre
os viños de diversas procedencias.
Para o Consello
Regulador, a visita de Willard reforza o interese existente polos viños da
Ribeira Sacra e enmárcase no obxectivo de posicionar os seus viños como un
referente de calidade e autenticidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario