M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

lunes, 9 de julio de 2012

MERCEDES GONZÁLEZ, IRMANDIÑA DE HONRA DA IRGADE ¡CONSUMO GUSTOS!








"Irmandiña de Honra" foi nomeada a Asociación de Sumilleres de Galicia GALLAECIA ,na persona da sua presidenta Mercedes González, en proba de recoñecemento e agradecemento pola divulgación das excelencias dos viños e os productos agroalimentarios etiquetados en lingua galega. Este nomeamento tivo lugar na futura sede do Museo Galego do Viño, Rectoral de Santo André en Ribadavia o 7 de xullo. Este recoñecemento ven dado polo FORO ENRIQUE PEINADOR e máis concretamente pola IRMANDADE GALEGA DE ADEGUEIROS (IRGADE) que se constitue para 

" intentar promover o consumo responsable. Preferir produtos galegos etiquetados na nosa lingua é unha maneira de sermos galegos galeguizados. Elixir establecementos que se identifican coa nosa identidade é unha boa maneira de pedir que se respecte a nosa lingua nas relacións cos clientes. Non sexamos consumidores pasivos e promovamos a galeguización comercial. Respondamos ás propostas que nos fagan en calquera establecemento cun prego rotundo e amable á vez: “Etiquetados en galego, por favor”. Cómpre que todos, como consumidores e empresarios, nos impliquemos nesta tarefa. Vivamos como galegos galeguizados. Pedimos ás organizacións sociais do País que se sumen a esta campaña do Foro E. Peinador (Irmandade Galega de Adegueiros), divulgando nas redes sociais este promocional. A galeguización de Galicia é posible. Se queremos...podemos."

E un exemplo claro podémolo ver no video CONSUMO GUSTOS que tan brillantemente guionizou Xosé Carballido Presas, o coordinador do IRGADE. 

De atrás adiante Mercedes González (Gallaecia), Xosé Luis de Alán de Val, Terras Gauda, etc. Foto: Jorge Cardoso.



E de sinalar o relevante do acto e dos presentes, un compromiso que ven refrendado pola presencia do Presidente do Foro Enrique Peinador,Xosé González Martinez, O Fiscal Xefe de Galicia,o Secretario Xeral de Política Linguística da Xunta de Galicia,Valentín Garcia, o Presidente da Real Academia Galega (na foto entregando o nomeamento a Mercedes), representantes das 35 adegas que constituen inicialmente a Irmandade e outras empresas alimentarias que se identifican co proxecto como Vegalsa-Eroski, Gadisa, Cárnicas Fontefria e Cervexa Alaricana.

Mercedes recibe o nomeamento do Presidente da Real Academia Galega ,no fondo Luis Paadin de AGC. Foto : Luis Paadin.

Mercedes Glez (presidenta Gallaecia) e Xosé Carballido (Coordinador do IRGADE)

Os Irmandiños de Honra como xa vos dixen, Asociación de Sumilleres de Galicia GALLAECIA, a AGC (Asociación Galega de Catadores ),na persoa do seu presidente Luis Paadin, Antón Reixa, presidente da SGAE, a Federación Galega de Turismo Rural, o exportador chinés de viños galegos, Feng Jiang e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional.
Como podedes comprobar unha responsabilidade importante coa que nos comprometemos polo ambicioso e importancia do proxecto así coma a importancia da xente coa que vamos a compartir e continuar esta andaina.


Deixóvos unhas fotos do futuro museo do viño, e digo futuro porque unha vez máis os nosos políticos esquenceron que os protagonistas non deben ser eles senon os seus legados e nesta ocasión votaron o freo ao que xa estaba feito que foi o máis costoso e queda no olvido unha obra importante que non se pode deixar morrer.

CUBAS NO MUSEO DO VIÑO DE SANTO ANDRÉ

LAGARES NO MUSEO DO VIÑO DE SANTO ANDRÉ



Namentres se aclaran o mellor e ir disfrutando dalgún dos nosos viños con identidade galega tanto na orixe como na fala  ou  no modo de contárnolo, iso sí, sempre con responsabilidade.
¡Salud!

No hay comentarios:

Publicar un comentario