M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

miércoles, 19 de junio de 2019

A D.O. Ribeira Sacra, cita co “Mondial des Vins Extremes”, que organiza o CERVIM



O “Mondial des Vins Extremes”, que se celebrará no Val italiano de Aosta entre o
11 e o 13 de xullo, é o certame internacional máis importante no ámbito da
viticultura de montaña ou viticultura heroica, da que a D.O. Ribeira Sacra é un dos
máximos expoñentes. Os criterios que definen á viticultura de montaña e que, polo
tanto, deben de cumprir as Denominacións para que os seus viños participen no
certame deben de ser algúns das seguintes: altitude superior a 500 metros, pendente
do terreo superior ao 30% (en puntos da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou
sistemas vitícolas de cultivo en socalcos.
En España os únicas D.O. participantes son Canarias, Priorat e Ribeira Sacra.
Estamos en territorios de "viticultura heroica”, denominación á que se chega por
unhas condicións orográficas que non permiten a mecanización, viñedos de pequeno
tamaño frecuentemente organizados en terrazas de cultivo; condicións climáticas
adversas ou/e porque o viñedo atópase en zonas xeográficas con paisaxes de
elevada beleza e con carácter turístico.
A través deste Certame e doutras iniciativas, o CERVIM quere promover e valorizar a
produción enolóxica desas terras que se caracterizan polas dificultades estruturais,
pero tamén por viños singulares que teñen unha personalidade extraordinaria. O seu
obxectivo é salientar as características únicas destes viños e dar a coñecer aos
consumidores os aspectos culturais da viticultura de montaña e o valioso traballo que
os viticultores fan para a posta en valor do territorio.
A D.O. Ribeira Sacra presenta este ano, 51 mostras, 44 de tintos e 7 de brancos,
pertencentes a 35 adegas. Os bos resultados obtidos sempre en Aosta serven de
trampolín internacional para os viños da D.O. Ribeira Sacra e consolídana como un
dos referentes mundiais máis importantes dentro do que se denomina viticultura de
montaña ou viticultura heroica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario