M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

martes, 5 de mayo de 2020

Brinde virtual Día Movemento Viño DO con viños da D.O. Ribeira Sacra



O calendario do sector do viño con D.O. en España tiña unha cita este sábado, 9 de maio, co
brinde do #DíaMovementoViñoDO.
Sería o cuarto ano que se celebra este brinde colectivo pero a crise sanitaria impide a súa celebración presencial como en anos anteriores.
Desde o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra quixemos manter esta cita polo que
significa de posta en valor dos nosos viños e do traballo que denominacións de orixe,
viticultores e adegas desenvolvemos na conservación e mantemento dos nosos territorios e do
noso tecido económico.
O C.R.D.O.R.S. propón unha semana dedicada ao brinde Día movemento viño D.O. Do 6 ao
13 de maio queremos compartir este brinde colectivo e animámosvos a enviarnos as vosas
fotos, brindando con viño da D.O. Ribeira Sacra para difundilas nas redes e poñer en valor o
traballo dos nosos viticultores e adegueiros. As fotos máis votadas recibirán premios que farán
gozar aos seus autores das riquezas da Ruta do Viño de Ribeira Sacra, cando sexa posible.


Participar e Premios

Para participar só hai que enviar unha foto por Whatsapp ao teléfono 647 59 57 47 entre o
día 6 e as 00.00 do día 13 de maio. As fotos que deben de incluir brinde e botella de viño
dunha marca da D.O. Ribeira Sacra publicaranse no F acebook da D.O. Ribeira Sacra cos
hastags #BrindisMovimientoVinoDO #BrindisDORS. As 3 fotos que máis “Me gusta” reciban
antes das 00.00 do día 13 de maio obterán premio. O sábado, 16 de maio, publicaranse os
gañadores, que recibirán os seus premios en canto as circunstancias permitan gozar do
enoturismo na Ruta do Viño de Ribeira Sacra.
Así os premios serán para dúas persoas:
• Comida ou cea nun restaurante da Ruta do Viño de Ribeira Sacra
• Aloxamento dunha noite e almorzo nun establecemento da Ruta do Viño de Ribeira
Sacra.
• Visita guiada a adega da Ruta do Viño de Ribeira Sacra con cata completa dos seus
viños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario