M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

lunes, 14 de octubre de 2019

Entrega na Ribeira Sacra dos galardons acadados en Euskadi



Os premios de Euskadi chegan á Ribeira Sacra

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acollía na mañán do 14 de outubro a entrega de premios da Cata
Concurso de “Viños Tintos Galegos” que organiza a “Irmandade dos Centros Galegos en
Euskadi” con motivo do Día de Galicia en Euskadi.
Un ano máis os viños tintos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra foron os mellor valorados
polo panel de cata que conforman membros da Asociación de Euskadi de Sumilleres –
Euskadiko Sumillerren Elkartea. A D.O. Ribeira Sacra presentaba a esta cata 14 mostras
pertencentes a 9 adegas e recibiron hoxe o seu recoñecemento: Capador, Mencía barrica de
2017 de Adega Tear, primeiro clasificado e Casa Moreiras, Mencía 2018 de Adega Casa
Moreiras, como terceiro casificado.
Do acto de entrega de premios participaron o organizador das catas-concurso, o taboadés,
José David Fidalgo e o Presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez. José David
Fidalgo destacou na súa intervención o esforzo da Irmandade dous Centros Galegos en
Euskadi por promocionar os produtos galegos e, en particular, os viños galegos “con esta cata-
concurso na que os viños da D.O. Ribeira Sacra sempre obteñen premios. Cada ano os viños
desta Denominación son máis coñecidos e recoñecidos”.
Pola súa banda, José Manuel Rodríguez, felicitou aos premiados e agradeceu o traballo de
todas as adegas que presentan os seus viños a concursos, certames e feiras “obtendo
excelentes resultados e facendo posible que os viños da D.O. Ribeira Sacra sexan coñecidos
en todo o mundo”. E agradecía a celebración da Cata dos Viños Tintos Galegos en Euskadi. O
seu promotor, José David Fidalgo entregaría tamén obsequio de recoñecemento a José
Manuel Rodríguez, pola colaboración da D.O. nesta cata concurso.

Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra

No hay comentarios:

Publicar un comentario