M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

martes, 1 de octubre de 2019

Dous Ribeira Sacra no podio dos viños galegos en Euskadi



Dous Ribeira Sacra no podio dos viños galegos en Euskadi

A “Irmandade dos Centros Galegos en Euskadi” organizou este ano a XIX Cata
Concurso de “Viños Tintos Galegos”, que se celebrou en Sestao durante os actos
do XXXIV Día de Galicia en Euskadi.
O xurado formado por membros da Asociación de Euskadi de Sumilleres - Euskadiko
Sumillerren Elcartea, deulle o primeiro e terceiro posto a dous viños da D.O. Ribeira
Sacra.
Capador, Mencía barrica de 2017 de Adega Tear é o primeiro clasificado e o
terceiro, Casa Moreiras, Mencía 2018 de Adega Casa Moreiras. O segundo
clasificado e o accésit vanse respectivamente para Rías Baixas e Valdeorras. A D.O.
Ribeira Sacra presentara a este concurso 14 mostras pertencentes a 9 adegas.
Os viños con D.O. Ribeira Sacra continúan obtendo importantes recoñecementos
tanto a nivel nacional como internacional e colleitando éxitos nunha progresión
constante, como resultado do traballo común dun colectivo formado por viticultores e
adegueiros aos que se suman as políticas de promoción, control e mellora de calidade
levadas a cabo polo Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario