M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

domingo, 22 de junio de 2014

O RIBEIRO SE ENGALANA. PREMIOS, COLLEITA E PERSOEIROS

O Ribeiro se engalana. Premios, colleita e persoeiros.


A D.O. Ribeiro, presidida por Miguel Ángel Viso, celebra o día 25 a entrega dos Premios da Denominación de Orixe,.
Presentación a colleita 2013 e o seu  novo plan de xestión e comunicación  nun acto que terá lugar no  Mosteiro de San Clodio, en Leiro, as 12:30 horas.   Profesionais chegados de toda España coma adegueiros, distribuidores, maioristas, divulgadores e prescriptores teñen unha cita nesta data co Ribeiro.
 Josep Roca, sumiller do restaurante El Celler de Can Roca e gran amante dos viños do Ribeiro, recollerá o Premio "Persoeiro de Honra" desta edición. As outras categorías, se desvelarán no transcurso da gala:  Premio "Mellor tarefa de comunicación", Premio "Mellor servizo de viño en restaurante", Premio "Mellor tenda especializada - vinoteca", Premio "Mellor taberna - bar de viños", "Mellor Viño Tinto", "Mellor Viño Branco Colleiteiro", e Premio "Mellor Viño Branco Bodega"
A presentación da nova colleita de viños do Ribeiro, a cargo de Pablo Vidal, director técnico do Consello, e outro dos atractivos da gala.
O presentador da gala e tamén unha grande sorpresa pero prometín gardar o segredo.
 Un esforzo de comunicación e comercialización, que axude a que novos padales poidan disfrutar da calidade duns viños enraizados na tradición pero coas virtudes que buscan os aficionados aos viños máis inquietos.
Diego López e o  equipo de cociña do Hotel Mosteiro de San Clodio que lidera Carlos Migueiz maridarán os viños do Ribeiro con novedosas propostas gastronómicas. López, cociñeiro de La Molinera (Lalín), foi recoñecido como "Cociñeiro do Ano" no último Fórum Gastronómico.
Con todo e con isto estaremos acompañando e celebrando cos galardonados nesta gran festa do Ribeiro onde de seguro si disfrutaremos dalgo será dos seus viños, os auténticos protagonistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario