M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

domingo, 22 de septiembre de 2019

A D.O. Ribeira Sacra chega á data recomendada para iniciar a vendima con 723.204 quilos de uva recollidos



A D.O. Ribeira Sacra chega á data recomendada para iniciar a vendima con 723.204 quilos de uva recollidos


O xoves, día 19 de setembro, é a data que a D.O. Ribeira Sacra marcou como data recomendada para o inicio xeneralizado da vendima.

Ao 18 de setembro e despois de que varias adegas decidisen iniciar os traballos de vendima, desde o día 28 de agosto, recolléronse 723.204 quilos de uva. A maior parte corresponde a Mencía con 451.210 quilos e Godello con 156.086 quilos. Do resto de variedades lévanse recollido:

Variedades tintas
·         Brancellao 6.013  kilos
·         Merenzao 16.005 kilos
·         Caíno 14.420 kilos
·         Grao Negro 1.400 kilos
·         Garnacha 10.068 kilos
·         Mouratón 343 kilos
·         Sousón 5.144 kilos
·         Tempranillo 15.959 kilos

Variedades blancas
·         Albariño 34.400 kilos
·         Blanco Legítimo 60 kilos
·         Dona Branca 2.292 kilos
·         Loureira 463 kilos
·         Torrontés 1.852 kilos
·         Treixadura  7.489 kilos



Das 98 adegas que está previsto que vendimien ao amparo da D.O. Ribeira Sacra nesta campaña, 33 están a realizar labores de vendima, 19 téñena paralizada e 4 xa terminaron. Polo tanto son 42 adegas as que aínda non iniciaron os traballos de recollida.



As previsións son que entre hoxe e mañá comece cos traballos de vendima un volume importante de adegas. Espérase que despois desta fin de semana se supere o millón de quilos de uva. As choivas e episodios puntuais de tormenta que tivemos nesta última semana non afectaron ás viñas e continúa a normalidade na Denominación. A uva que está a entrar en adega segue nun estado sanitario óptimo e as condicións meteorolóxicas están a ser moi favorables polo que a previsión segue sendo superar os 7 millóns de quilos de uva nesta campaña.

Desde hoxe, a web do C.R.D.O.R.S. ofrecerá diariamente os datos de recollida actualizados por variedades.






No hay comentarios:

Publicar un comentario