M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

lunes, 30 de septiembre de 2019

Ribeira Sacra leva recollidos máis de 5 millóns de quilos de uva


Ribeira Sacra leva recollidos máis de 5 millóns de quilos de uva

Despois desta fin de semana na D.O. Ribeira Sacra levan recollido máis de 5 millóns de quilos
de uva, dos que a maior parte corresponden a Mencía con 4.061.418 quilos, seguida da
variedade branca, Godello, con 374.791 quilos.
A vendima comezaba oficialmente o 19 de setembro, aínda que varias adegas iniciaran a
recollida a finais de agosto. O pasado ano a vendima finalizaba o 19 de outubro e cóntase que
o final desta campaña sexa novamente por estas datas.
A 29 de setembro e con 5 millóns de quilos de uva vendimiados, 53 adegas están a recoller
uva, 10 teñen a vendima paralizada e 27 xa finalizaron. Cando o ecuador da campaña está xa
superado, restan 6 adegas por iniciar a vendima.
Os traballos víronse favorecidos por unhas excelentes condicións meteorolóxicas que
contribuiron ao estado óptimo da uva e á fixación da súa acidez. A D.O. Ribeira Sacra deixa
atrás setembro, mes en que a vendima volveu a ser o motor económico do territorio xerando
miles de empregos directos e indirectos, para seguir a mesma tendencia no mes de outubro.
O resto dos datos de recollida de uva a data 29 de setembro son os seguintes (Total 5.040.716
k.):
Variedades tintas:
Mencía: 4.061.418 k, Brancellao: 22.264 k, Merenzao: 60.328 k, Caiño: 30.720 k, Grao Negro:
9 k, Garnacha: 239.769 k, Mouratón: 7.441 k, Sousón: 83.076 k, Tempranillo: 46.190 k
Variedades brancas: Albariño: 68.783 k, Branco Lexítimo 3.250 k, Dona Branca: 3.537 k,
Godello: 374.791 k, Loureira: 2.121 k, Torrontés: 3.675 k, Treixadura: 33.344

Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra

No hay comentarios:

Publicar un comentario