M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

domingo, 8 de noviembre de 2020

A RUTA DO VIÑO DO RIBEIRO POTENCIARÁ A ENOCOMARCA A TRAVÉS DA FIGURA HISTÓRICA DO ARRIEIRO

 



 Así o anunciou o seu presidente, Juan Casares, no Día Mundial do Enoturismo

que se celebrou hoxe.

 Segundo o presidente, a historia, ligada ao patrimonio e á cultura, poden ser

vectores fundamentais de promoción dos recursos do territorio desta

enocomarca.

Ribadavia, 8 de novembro de 2020. “A Ruta do Viño do Ribeiro potenciará os recursos do

territorio aproveitando todo o seu legado histórico, patrimonial e cultural a través de poñer en

valor a figura histórica do arrieiro”. Con este anuncio de Juan M. Casares, presidente da

Ruta do Viño do Ribeiro, esta entidade únese un ano máis á celebración do Día Mundial do

Enoturismo reivindicando a figura histórica do arrieiro e o seu legado arredor do cal se artella

“O camiño do viño”.

Juan Casares lembra que xa no 2019 rexistraron unha marca enoturística “O camiño do

viño. Ruta do viño do Ribeiro” como instrumento distintivo de promoción desta entidade e os

recursos da enocomarca ribeirá. Segundo o presidente, está traballando nun ambicioso plan

de acción para a Ruta do Viño que inclúa a recuperación da figura histórica do arrieiro e a

través dela potenciar un roteiro para andainas tal que combine o tempo de lecer coa cultura

e a visita adegas.

O noso obxectivo, apunta Juan Casares, é “converter á Ruta do Viño do Ribeiro nunha

referencia enoturística en Galicia e promocionar toda a riqueza desta enocomarca que se

sustenta en seis verbas: persoas, historia, patrimonio, tradición, cultura e viño.”

O camiño do viño. Ruta do viño do Ribeiro

A Ruta do Viño do Ribeiro leva traballando dende o ano 2007 por situar a esta enocomarca

como un destino enoturístico de referencia, contribuíndo a poñer en valor os diferentes

recursos e servizos que teñen como protagonista principal a cultura do viño.

Non é excepcional que una das denominacións de orixe máis antigas de península e a

primeira de Galicia albergue unha cantidade considerable de patrimonio material e inmaterial

testemuña do esplendor que o viño do Ribeiro proporcionou a este territorio, e, si temos que

buscar un protagonista desa época non podemos esquecer ao arrieiro. En torno a esta figura

escribiuse unha parte importante da historia do Ribeiro, e contribuíron a que o viño desta

terra chegara a ser un dos máis afamados máis aló do atlántico.

Nunha época onde as mulas eran o principal medio de transporte de mercadorías, o arrieiro

percorría o camiño do Ribeiro ata Compostela, principal mercado receptor deste prezado

viño, non en vano, importantes estamentos civís e eclesiásticos da capital galega,

estableceron durante séculos os seus dominios neste territorio para dedicalos á explotación

do viñedo. Proba de elo son os recursos de carácter monumental que atopamos ao longo


de todo este percorrido, granxas, priorados, pazos, igrexas, que hoxe en día son, en boa

parte, recursos enoturísticos da Ruta do Viño do Ribeiro.

O Río Avia acompañaba a arrieiros e camiñantes que percorrían este traxecto ata

compostela que hoxe a Ruta do Viño do Ribeiro reivindica como O Camiño do Viño, como a

metáfora dunha comarca vitivinícola no seu percorrido pola historia onde chegou a ser,

durante moitos séculos, o gran viño de Galicia.



Neste ano, atípico e complicado, a nivel social, económico, cultural, a Ruta do Viño do

Ribeiro aproveita este día Mundial do Enoturismo para recordar que potenciar este sector é

promover o desenvolvemento turístico nas comarcas rurais de interior e contribuír á

dinamización da produción primaria, da transformación e dos servizos.

O día mundial do Enoturismo

O Día Mundial do Enoturismo é unha iniciativa que promoveu hai máis dunha década (2008)

a Rede Europea de Cidades do Viño (RECEVIN) e que se celebra o segundo domingo do

mes de novembro. Os países que participan nesta conmemoración son principalmente

europeos, mais hai uns anos que se uniron outros como Brasil, Chile, Arxentina ou Uruguay.

O obxectivo principal desta celebración non é outra que potenciar o turismo do viño como

factor de desenvolvemento dos territorios vitivinícolas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario