M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

sábado, 14 de noviembre de 2020

Premios da Cata dos Viños de Galicia na D.O. Ribeira Sacra

 







O Centro do Viño da Ribeira Sacra acollía esta tarde a entrega dos premios da XXXII edición

da Cata dos Viños de Galicia, aos viños da D.O. Ribeira Sacra. Para cumprir os protocolos

sanitarios ante a pandemia da Covid19, representantes da Consellería de Medio Rural

trasladáronse ata a Ribeira Sacra a entregar os recoñecementos.

Así, á espera de que o día 19 se coñeza, na cidade da cultura, a identidade do mellor viño

branco e do mellor viño tinto de Galicia neste 2020, os viños premiados na D.O. Ribeira

Sacra foron:

Acio de Ouro tinto: Prómine, de Bodegas Petrón S.L.

Acio de Prata tinto: Peza deo Rei de Adega Cachín S.L.

Tres viños da D.O. Ribeira Sacra foron recoñecidos como os mellores de Galicia nas

categorías Viños de Colleiteiro e Pequenas Adegas; e Viños de Elaboracións con Madeira.

Acio de Ouro tinto Acivro de Adegas Salvadur S.L. na categoría de Viños de

Colleiteiro e Pequenas Adegas.

Acio de Ouro tinto, Acivro de Adegas Salvadur S.L. na categoría de Viños de

Elaboracións con Madeira

Acio de Prata tinto, Tradición de Adega Vella, Jorge Feijoo González, na categoría

de Viños de Elaboracións con Madeira



O panel de cata formábano 14 catadores que fixeron cata cega de 348 mostra de viños de

toda Galicia. Correspondían á D.O. Ribeira Sacra 70 mostras de 30 adegas. No acto de

entrega recoñeceuse o valor secular dos adegueiros e a excelencia do seu traballo. Da D.O.

Ribeira Sacra destacouse a vendima “in extremis” e o traballo de adegueiros e viticultores

como un proceso artesanal cheo de amor pola viticultura.



No hay comentarios:

Publicar un comentario