M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

miércoles, 18 de septiembre de 2013

FORUM GASTRONÓMICO GALICIA FEBREIRO 2014



O FORUM GASTRONÓMICO SEGUIRÁ A CELEBRARSE EN GALICIA

 




























O O A A ACoruña, 18 de setembro de 2013

O evento celebrará a súa cuarta edición na Coruña.

O Fórum Gastronómico segue en Galicia

O Fórum Gastronómico e o Turismo da Coruña acordaron a súa celebración do 23 ao 25 de febreiro de 2014 no recinto feiral ExpoCoruña. Deste xeito, confírmase a consolidación do evento en Galicia, referente obrigado para o sector enogastronómico



O acordo alcanzado con Turismo da Coruña permitirá a continuidade do Fórum en Galicia así como o seu crecemento xa que pasará a celebrarse en ExpoCoruña do 23 ao 25 de febreiro de 2014. Tal acordo foi presentado esta mañá no Concello de A Coruña, nun acto no que estiveron presentes Jaume Von Arend e Pep Pep Palau, directores de Fórum Gastronómico, Mariel Padín, Vicepresidenta da Deputación de A Coruña, e Luisa Cid, Tenente de Alcalde do Concello de A Coruña.


Segundo os directores, Jaume von Arend e Pep Palau "este traslado era necesario debido ao crecemento que o evento experimentou nos últimos anos motivo polo cal resultaba indispensable un espazo físico maior e ExpoCoruña é, sen dúbida algunha, o lugar ideal para a súa celebración".


A cidade galega converterase, xa que logo, no punto de encontro dos profesionais e amantes da gastronomía.


Sobre o Fórum Gastronómico:


O Fórum Gastronómico creouse en 1999 co obxectivo de seren o punto de encontro da gastronomía profesional. Tras 11 edicións nos seus 14 anos de existencia, demostrou ser unha gran ferramenta de promoción así como un elemento de cohesión dos diferentes axentes enogastronómicos, converténdose nun modelo que creou escola: no 1999 xa acollía talleres de cociña en directo e no 2003 foi pioneiro en ofrecer degustacións in situ.

O acerto desta iniciativa, en continua evolución, quedou sobradamente demostrado polo éxito conseguido edición tras edición nas diferentes sedes nas que se celebrou o evento. O Fórum atrae non só os mellores cociñeiros do mundo, senón tamén aos novos talentos que actualmente despuntan no eido da gastronomía e aos que o Fórum brindou a oportunidade de dárense a coñecer.

Unha vez máis, o Fórum apostará por achegar o evento aos coruñeses e a todos os galegos organizando actividades gastronómicas paralelas na cidade.

O Fórum Gastronómico conta cunha delegación permanente en Galicia a través da empresa Trevisani.



 








 

No hay comentarios:

Publicar un comentario