M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

viernes, 13 de diciembre de 2013

IV CTA DE VIÑOS "FROLES MARELIÑAS". A IMPORTANCIA DAS CASTES

IV Cata de Viños "Froles Mareliñas". A importancia das castes




Unha edición máis desta cata do solsticio do inverno que xa ven sendo unha tradición no seno deste colectivo cultural. Un colectivo que comenzou coas clases de baile tradicional e foi medrando coa escuela de música, baile de salón, ximnasia, actividades para maiores, talleres de distintas tipoloxias para os máis pequenos, intercambios culturais con outros colectivos e coma non podía ser doutro xeito coa cultura do viño a lo menos unha vez o ano coa organización desta cata de nadal aproveitando que Mercedes como o anuncio do turrón volve a sua casa (a lo menos con tempo) polo nadal.

cando: o luns 23 do nadal as 20,30 h
onde: Restaurante Canario de Chapela

Unha cata que este ano centrarase nas castes , dun xeito moi especial nas ancestrais galegas : godello, treixadura, albariño,................ e de seguro haberá un recuncho para algunha foránea.

 


Neste cursiño de cata ademáis de disfrutar do viño trátase de recaudar axuda para esta asociación que ten que soportar o aluguer dunha sede social, ir arranxando a infraestructura do mesmo e intentar ampliar os seus traxes que como ben sabedes son costosos, ademáis de facer pagos os monitores pertinentes.

Se queres axudar xa podes inscribirte  en   frolesmareliñas@hotmail.es  ou consúltalo a través da sua páxina do Facebook Froles Mareliñas.

Sinalar tamén a colaboración do Restaurante o Canario de Chapela que sempre está ahí para axudar a Froles Mareliñas, xa o fixeron os país e agora ahí está o relevo xeracional.





A dirección da cata: Mercedes González , presidenta As. Sumilleres Galicia Gallaecia  e do clube de cata lucense Vitislucus, directora Técnica da revista Diario de Vinos.com e do programa de radio De Tal Cepa Tal Vino da Gastroradio.com e membro da AEPEV e FIJEV (Asociación nacional e internacional de periodistas e escritores do viño).


Sinalar que xa confirmou a sa colaboración con viños a adega Terra do Castelo do Ribeiro  e de seguro se sumarán outras inda por confirmar


No hay comentarios:

Publicar un comentario