M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

lunes, 23 de diciembre de 2013

A CORUÑA GOZARÁ COS VIÑOS DO RIBEIRO DO 26 DE DECEMBRO AO 5 DE XANEIRO CON RIBEIRO DE COPAS


A CORUÑA GOZARÁ COS VIÑOS DO RIBEIRO DO

26 DE DECEMBRO AO 5 DE XANEIRO CON RIBEIRO DE COPAS
 



Doce establecementos da cidade ofrecerán viños do Ribeiro e permitirán participar en promocións especiais, como sorteos e agasallos directos


A presentación da campaña será o xoves 26 de decembro, ás 11:00 horas, no De Market Vinoteca



O C.R.D.O. Ribeiro e os seus viños chegarán á cidade Coruña para celebrar unha nova edición da campaña Ribeiro de Copas.


Do 26 de decembro ao 5 de xaneiro, un total de 12 destacados establecementos da cidade ofrecerán unha ampla gama de viños de 15 adegas da Denominación de Orixe Ribeiro para degustar en copa ou botella, e todos os clientes que gocen con eles participarán en promocións especiais. 


Outros atractivos para os clientes serán os agasallos directos ou os sorteos de estancias de turismo na Ruta do Viño do Ribeiro, cunha completa fin de semana chea de actividades en torno aos viños e a oferta lúdica ribeirá


A listaxe de establecementos coruñeses que serán escenario do Ribeiro de Copas 2013 fórmana O’ Delito, Celeiro, Alma Negra, Tapa Negra, De María, Vinoteca Jaleo, Culuca, De Market Vinoteca, O Cabo, O Lagar de José, Taberna O’Secreto e O Secreto and Hemingway. Neles, os consumidores poderán descubrir unha ampla gama de viños e elaboracións da Denominación. 


As adegas participantes son Nairoa, Viña da Cal, Casal de Armán, Pazo Casanova, Coto de Gomariz, Cuñas Davia, Bodegas Alanís, Bodegas O’ Ventosela, Terra do Castelo, Francisco Fernández, Bodegas Val de Souto, Genus de Vinum, Vilerma, Viña Costeira e Viña Mein.


Nas xornadas de xoves a sábado, un grupo de sumilleres convidados achegaranse aos distintos locais para introducir aos consumidores nos diferentes viños. Unha das súas funcións será espertar a curiosidade e descubrir novas marcas e novos matices nos viños da Denominación de Orixe.


Os sumilleres convidados serán Mercedes González, María Ferreiro, Ana López e Laura Gaioso, que serán as encargados de ofrecer e explicar as características dos ribeiros brancos e tintos nos distintos locais participantes.


A presentación da campaña terá lugar ás 11.00 horas do xoves 26 de decembro o establecemento De Market Vinoteca, e estará encabezada por Miguel Ángel Viso Diéguez, presidente do Consello Regulador.


Viños da D.O. Ribeiro que se ofrecen en cada local participante



Jaleo Vinoteca (Galera, 43): Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto, Vilerma (xoves 26 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña e Terra Minei (xoves 2 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).


Celeiro (Franja, 41-43): Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña, Terra Minei (xoves 26 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Alberte, Alter, Versatus, Viña Costeira e Viña Mein (xoves 2 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).


O Cabo (Picavia, 2): Alberte, Alter, Versatus, Viña Costeira, Viña Mein (xoves 26 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña e Terra Minei (venres 3 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).


Alma Negra (Barrera, 11): Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto, Vilerma (xoves 26 de decembro de 20.00 a 23.00 horas- Mercedes González) e Alberte, Alter, Versatus, Viña Costeira e Viña Mein (sábado 4 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).


Tapa Negra (Barrera, 32): Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña e Terra Minei (venres 27 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto, Vilerma, (xoves 2 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).


O' Delito (Tabares, 1): Alberte, Alter, Versatus, Viña Costeira e Viña Mein (venres 27 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña e Terra Minei (sábado 4 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).


Taberna O’ Secreto (Alameda, 18): Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto, Vilerma (venres 27 de decembro de 20.00 a 23.00 horas- Mercedes González) e Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña e Terra Minei (sábado 4 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas- Mercedes González).


O Lagar de José (Posse, 25): Alberte, Alter, Versatus, Viña Costeira e Viña Mein (venres 27 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto ou Vilerma (sábado 4 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).


De María (Olmos, 2): Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña e Terra Minei (sábado 28 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Alberte, Alter, Versatus, Viña Costeira, Viña Mein (venres 3 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas- Mercedes González).


De Market Vinoteca (Payo Gómez, 12): Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña, Terra Minei (sábado 28 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto ou Vilerma (venres 3 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).


O’ Secreto & Hemingway (María Pita, 3): Alberte, Alter, Versatus, Viña Costeira, Viña Mein (sábado 28 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto e Vilerma (xoves 2 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas- Mercedes González).


Culuca (Avda. Arteixo 10): Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto e Vilerma (sábado 28 de decembro de 20.00 a 23.00 horas- Mercedes González) e Alberte, Alter, Versatus, Viña Costeira e Viña Mein (venres 3 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).

No hay comentarios:

Publicar un comentario