M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

martes, 7 de mayo de 2019

A D.O Ribeira Sacra brinde no catamarán polo Sil no diadelmovimientovinodo



O sábado, 11 de maio, ás 13.30 h. terá lugar o terceiro Día Movemento Viño D.O. no que se
celebra un brinde simultáneo e colectivo polo viño con Denominación de Orixe. Miles de
persoas participarán desde distintos puntos de España brindando cos viños da súa zona.
Nesta terceira edición cóntase con récord de participación ao celebrar o brinde conxunto 29
Denominacións de Orixe.
A D.O. Ribeira Sacra darase cita nun catamarán polo río Sil contando con adegueiros,
membros do Consello Regulador, representantes das diferentes administracións, prensa etc.
O catamarán sairá pasadas as 13.00 h. do embarcadoiro de Santo Estevo para gozar das
paisaxes e os viñedos da D.O. Para o brinde colectivo contarase con maridaxe e a música en
directo de Ad Heyra Liti.
O Día Movemento Viño D.O. reivindica o viño con Denominación de Orixe e está
especialmente dedicado aos mozos, para que se acheguen a descubrir o viño con D.O. nunha
contorna de consumo. Nesta terceira edición servirá ademais, para reivindicar o papel que
desempeñan as Denominacións de Orixe nas zonas rurais, tanto desde o punto de vista
socioeconómico, como desde o ambiental e cultural, contribuíndo a revitalizar e dinamizar os
recursos culturais e como elemento de promoción do patrimonio histórico-artístico a través do
turismo ligado ás DDOO.
As redes sociais xogarán un papel importante durante este día. Aqueles usuarios que
compartan as súas fotografías brindando ou gozando desta xornada co hashtag
#BrindisMVDO entrarán no sorteo de packs de viño con D.O. Co hashtag
#DíaMovimientoVinoDO poderase seguir todo o que aconteza nesta emocionante xornada.
O DÍA MOVEMENTO VIÑO D.O. está promovido pola Conferencia Española de Consellos
Reguladores Vitivinícolas (CECRV), a asociación sen ánimo de lucro que representa ás
Denominacións de Orixe de viño de España.

No hay comentarios:

Publicar un comentario