M.Embajadora

M.Embajadora
De buena cepa

lunes, 6 de mayo de 2019

A D.O. Ribeira Sacra presente en Fenavin 2019


A D.O. Ribeira Sacra presente en Fenavin, a feira nacional do viño que se celebra do 7 - 9 maio

Fenavin, a feira de referencia do viño español, celébrase do 7 ao 9 de maio en Ciudad Real.
Este ano, a cita fai ás mulleres, máis que nunca, protagonistas na súa programación e prestarase especial atención a achegar o mundo do viño ao público movo.
A D.O. Ribeira Sacra estará presente na caseta da Xunta de Galicia, Pavillón 4, Osiris, rúa 7,
stand 1, onde ademais o xoves, día 9, de 10.00 a 12.00 h. a técnica do Consello Regulador
de la D.O. Ribeira Sacra, Ruth Fernández, ofrecerá una cata comentada. Nesta edición do
certame estarán presentes, tamén, as seguintes adegas da D.O. Ribeira Sacra con stand propio:
• Adega Ponte da Boga S. L.
• Alma das Donas
• Adegas Rectoral de Amandi S.A.U.
• Grupo Peago
• Dominio do Bibei S. L.
• Regina Viarum S. L.
• Ronsel do Sil S. L.
A D.O. Ribeira Sacra tamén estará representada no Túnel do Viño de Galicia que organiza
AGACAL, Axencia Galega de Calidade Diferenciada, con case 200 marcas comerciais das
D.O. vitivinícolas galegas. Participarán no Túnel do Viño, ademais das adegas coexpositoras
mencionadas, as adegas: Adega Cachín, Don Bernardino, Tolo do Xisto e Spanish Wines by
Carlos Rodríguez.
Despois de 9 edicións Fenavin converteuse na feira monográfica do viño máis importante de
España cunha capacidade de negocio contrastada como instrumento para o impulso do
negocio do sector vinícola nacional e internacional. A proxección internacional desta cita
permite que a oferta vinícola española poida estar presente nos mercados máis importantes,
acudindo compradores, distribuidores e outros especialistas do viño de diferentes países.
Fai menos dun mes a D.O. Ribeira Sacra promocionábase en Gourmets e despois de acudir a
Ciudad Real, a seguinte cita coa promoción internacional levaraa a Vinexpo Burdeos do 13 ao
16 de maio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario